domingo, 14 de maio de 2017

IGUALANDO CARBALLO

O alumnado de cuarto participou nun obradoiro sobre a igualdade de xénero dende o mes de marzo. Ao final participaron nun concurso de literatura, contando historias de vida de mulleres que coñezan. Aquí temos a entrega de premios e tamén as historias que escribiron

igualando Carballo from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

domingo, 7 de maio de 2017

CINETECA

Dende hai un mes temos sesións de cine na Biblioteca.
O Departamento de Orientación e o Equipo de Biblioteca organizaron unhas sesións con curtametraxes sobre o acoso escolar.
A última foi esta semana, na que vimos a curta O sandwich de Mariana e o rap de El Langui que se titula Se buscan valientes.
Foi moi divertido, porque tiñamos que mercar as entradas, para o que primeiro repartiron cartos, pero non a tod@s iguais (como a vida mesma), así que tiñamos que negociar entre nós para que nos invitase un amigo ou amiga, ou nos axudase a mercala. Coa entrada agasallábannos cun vaso con flocos de millo.
Foi unha curta moi interesante, que nos fixo reflexionar moito e participar no debate posterior.
Aquí hai un vídeo con todo o proceso, e tamén a curtametraxe e o rap, para volver velos cando queiramos

SESIÓNS DE CINE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

mércores, 3 de maio de 2017

ACTIVIDADE FRENÉTICA NA BIBLIOTECA

Estes días abriuse a biblioteca ao empréstito de libros. E tamén a outras actividades. Estase formando un grupo de alumnado para encargarse dos empréstitos e o mantemento da biblioteca. Aprendemos a forrar, a organizar actividades, e tamén montamos un Mercadillo de libros usados, con algúns froito do espurgo.