mércores, 15 de novembro de 2017

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Velaquí tes un montón de ligazóns para aprender cales son os teus dereitos, e xogos para que non os esquezas.

sábado, 11 de novembro de 2017

INVESTIGAMOS MULLERES

Para facer o encargo de LibroFlax, temos aquí para investigar mulleres estes Symbaloos. No primeiro podes atopar a Guadi Galego, a Gloria Fuertes, a Wangari, a Rosalind Franklin e Emilia Pardo Bazán. E no segundo podes investigar a Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, María Pita, Maruxa Mallo e Elizabeth Blackwell

luns, 6 de novembro de 2017

PREMIO NO CONCURSO DE TEATRO LIDO XOSÉ MANUEL EIRÍS

As Ovelliñas do San Luís Romero obtiveron un accésit no concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís coa súa obra O RABAÑO
Parabéns para todo o grupo.
Preme na imaxe e lerás a noticia na Voz de Galicia

E así de ben o fixeron


sábado, 4 de novembro de 2017

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

MAGOSTO E SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín. Non faltaron as comidas terroríficas, unha exposición de libros de medo, outra de cabazas, actividades de teatro lido na Biblioteca, unha exposición de froitos do outono, concurso de debuxos e relatos de medo, e a entrega de premios. Tamén, como non, as castañas asadas e degustación de comidas terroríficas

mércores, 1 de novembro de 2017

OUTUBRO , MES DO PEÓN

Dentro da programación proposta dende a Biblioteca para procurar a igualdade de xénero entre o alumnado está a promoción de xogos tradicionais ao longo do curso. Así este mes estivemos xogando ao peón no patio.

Teatro lido na Biblioteca

O día de Samaín celebramos a clasificación do grupo de teatro de 5 anos que interpretou a obra "O Rabaño" no concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís. E celebrámolo como mellor podiamos facelo: representándoa na biblioteca. Agora queda esperar a ver se conseguimos algún premio. Non podían ser menos o grupo de teatro Dorrevés, con Pel de Lúa e os sete ananiños.