venres, 28 de febreiro de 2020

CONSTRUÍMOS UN SPINNER

Onte no recuncho de robótica da biblioteca fixemos algo moi interesante. Sabedes que é? Construímos un spinner empregando o Lego WeDo.

EL ABRAZO

Onte algúns nenos e nenas de 6.º de educación primaria léronnos un conto moi chulo no recreo. Titúlase El abrazo.
Moitas grazas compis!!

xoves, 27 de febreiro de 2020

24 de febreiro, Día de Rosalía

Aínda que nos cadrou en vacacións, celebramos uns días antes o Día de Rosalía.
E os nosos corredores locen moito  máis bonitos coa súa imaxe.
E tamén a teremos moi presente nas nosas lecturas, pois imos usar este marcador.

sábado, 22 de febreiro de 2020

XORNADA CON MIMO

Este venres 21 de febreiro celebramos no cole o entroido. Fomos disfrazados/as de mimos en relación á temática do Salón do Libro deste ano: o humor.

Grazas ás familias por compartir connosco este día tan divertido e por aportar sobremesas de entroido!!

sábado, 15 de febreiro de 2020

A SAÚDE DO CORAZÓN


"Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns".

Esta semana no cole realizamos diferentes actividades saudables co fin de abordar a temática do Día dos Namorados dende unha perspectiva distinta, o coidado do corazón a nivel emocional, do exercicio físico e a alimentación saudable.



Deixámosvos unha ligazón ao xornal La Voz de Galicia onde se fai referencia á actividade: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2020/02/15/carrera-saludable-xesus-san-luis-romero/0003_202002C15C10995.htm# Tamén saímos no xornal Diario de Bergantiños. Grazas por dar visibilidade ao noso traballo!!


domingo, 9 de febreiro de 2020

mércores, 5 de febreiro de 2020

UN CONTACONTOS PARA COMEZAR FEBREIRO

Hoxe, algúns nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria fixeron na biblioteca un contacontos do libro Corre corre, cabaciña.







Grazas por participar na biblioteca!!