domingo, 29 de novembro de 2020

PREMIO EXPOSICIÓN "RECORDANDO CARVALHO CALERO"

Hai uns días recibimos no colexio unha visita moi especial. Pura Galán, a coordinadora provincial dos equipos de dinamizacion da lingua galega da Coruña, achegouse ata o cole para facernos entrega do cheque e do diploma referido ao premio que gañamos o curso anterior coa exposición "Recordando Carvalho Calero".


Moitas grazas de parte de toda a comunidade educativa.

venres, 27 de novembro de 2020

RECORDANDO CARVALHO CALERO

Por mor da crise da COVID-19, a Real Academia Galega decidiu retomar o pasado mes de outubro a celebración das Letras Galegas, dedicada a Ricardo Carvalho Calero. É por isto veño para deixarvos aquí un vídeo sobre a súa biografía.


Se queredes acceder a todo o material elaborado para a exposición titulada "Recordando Carvalho Calero", accedede ao seguinte blog: https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/

Un saúdo,


xoves, 26 de novembro de 2020

O EXPERIMENTO DO ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: CRISTAIS DE SAL TREPADORES.

O alumnado de 3º de Educación Primaria quixo compartir con nós o que aconteceu ao poñer en práctica o experimento que lle formulei hai uns días, queredes ver o resultado? Mirade, mirade...👀





Fixéstelo xenial!! Parabéns!!

Un saúdo,


O EXPERIMENTO DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL: LEITE COLOREADA

 Os nenos e nenas de 4 aniños puxeron en práctica o experimeto que lle enviei e comprobaron como un toque de xabón fixo maxia!!🌈😲 Recórdovos en que consistía o experimento por se vos animades a facelo nas vosas casas.





Parabéns para os peques de 4 anos!!!

Un saúdo







domingo, 22 de novembro de 2020

EL RELOJ

Estes días o alumnado de 5 anos estivo coñecendo a cidade de Londres e gustoulle moito coñecer o Big Ben e o seu reloxo. Despois de debuxar o Big Ben e de facer un reloxo para levar para as súas casas decidiron recitar un poema do libro "Versos del tiempo" titulado "El reloj" e fixérono moi ben, escoitade, escoitade...👂



Parabéns peques de 5 anos!! 

Un saúdo




sábado, 21 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA: A AUGA QUE CAMIÑA

Hoxe as nenas e nenos de 2.º de Educación Primaria queren compartir connosco o seu experimento chamado "A auga que camiña". Primeiro, imos recordar en que consistía.

Agora déixovos as imaxes das nenas e nenos realizando o experimento. Parabéns!! Quedou unha experiencia preciosa 😍😍



















Un saúdo,


venres, 20 de novembro de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

https://issuu.com/maguared/docs/cuentos-derechos

Sabiades que hoxe celebramos o Día Universal da Infancia?? Por este motivo, o alumnado de Educación Infantil elaborou un vídeo sobre os dereitos dos nenos e as nenas e tivemos a sorte de que nolo enviaron para compartir no blog 😊


Bo traballo!!


EXPERIMENTO 6.ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Boa tarde lectoras e lectores, pequenas científicas e científicos!! Hoxe recibín un vídeo dun experimento realizado na aula de 6.ºB de Educación Primaria. Sabedes que nos quere explicar o alumnado con el? Que o aire si que ocupa lugar!! Mirade mirade 👀👀 é unha explicación fantástica 👏👏


Moitos parabéns!! E grazas pola vosa aportación 😀

Un saúdo,

xoves, 19 de novembro de 2020

EXPERIMENTO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL: VOLCÁN EN ERUPCIÓN!!

O alumnado de 5 anos quere amosarnos cal foi o resultado do experimento que lle propuxen o outro día e demostraron ser uns científic@s moi habilidos@s. Velaquí vos deixan unha proba do que pasa se misturamos vinagre, colorante vermello, deterxente e bicarbonato. 




Menuda reacción se produxo coa mistura e canta ilusión e emoción amosaron os peques de 5 anos por ver o resultado!! Parabéns polo voso esforzo!!👏👏💪
Moitas grazas!!
Ata pronto


EXPERIMENTO 6.ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA: AS CÉLULAS E O ADN

As nenas e nenos de 6.ºA de Educación Primaria xa se puxeron mans á obra co experimento que lles propuxen fai uns días. Velaquí vos deixo a tarxeta que lles enviei.

Agora déixovos unhas imaxes de como o fixeron 😊 Parabéns chicos e chicas!!! Fixéstelo xenial 👏👏😍😍 Agardo que fose unha boa experiencia!!









Un saúdo para todos/as e moitas grazas,

O RECUNCHO DA CALMA DE 1.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Que ledo estou!! Acabo de recibir outra aportación, desta volta das nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria 😀 Queren compartir con todos nós como teñen organizado o recuncho da calma, os materiais do que dispoñen, explícannos como e cando usalo... Mirade mirade, está xenial 👏👏


Moitas grazas!! 😀😀 Seguro que máis nenas e nenos collerán a idea e crearán tamén un recuncho coma o voso.

Un bico ben grande, 


MI CARA

O alumnado de 4.º de Educación Infantil quere compartir connosco, neste xoves poético, o seu traballiño sobre o poema "Mi cara" de Gloria Fuertes 👀👄😀


Moitas grazas pola vosa aportación!! Quedáronvos unhas imaxes ben bonitas 😍

Un saúdo,


martes, 17 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 4.º EDUCACIÓN INFANTIL: ALIMENTOS QUE FLOTAN

Hoxe os nenos e nenas de 3 aniños queren compartir con nós o seu experimento. Sabedes en que consistía?? Tiñan que comprobar que froitos do outono flotan e cales non 😊


Bo traballo peques. Un bico ben grande 😘



luns, 16 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 1.ºEP: INFLAMOS GLOBOS

Hoxe as nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria envíannos o seu vídeo sobre o experimento de inflar un globo 🎈 Antes de nada imos recordar en que consistía.

Agora déixovos o vídeo onde podedes comprobar como desenvolveron os nosos amiguiños e amiguiñas o experimento 😊 Moitos parabéns!! 👏👏 Fixéstelo xenial 😀😀


Un saúdo e bo traballo,

CIENTÍFICOS DA NOSA TERRA

Bo comezo de semana a todos e a todas!! Que tal estades? Hoxe tráiovos dous carteis con información sobre un científico e unha científica, pero non son uns calquera!! Son os nosos científicos. Sabedes por que digo nosos?? Porque naceron ben pretiño do noso colexio: Ángel Carracedo é de Santa Comba e Karina Pombo é da nosa localidade, de Carballo.

Se queredes saber un pouco máis sobre eles, aquí vos deixo un pouco de información.


Boa semana,