mércores, 23 de marzo de 2022

QUERES PARTICIPAR NO #DÍADAPOESÍANAÁRBORE?

Benvidos un día máis lectoras e lectores!! Como sabedes, o luns 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA e o DÍA DA ÁRBORE. Con este motivo, queremos convidarvos a participar nunha actividade que realizamos en colaboración co Concello de Carballo.

Lede con atención o seguinte cartel para saber un pouco máis. Seguro que xa o vistes nalgún establecemento do noso barrio 😍


Agardamos as vosas fotos do #DíaDaPoesíaNaÁrbore 🌲🌳🍃

Moitas grazas por participar,

xoves, 17 de marzo de 2022

De novo, entroido

Boas mozos e mozas! O pasado venres 11 de marzo a clase de 5º curso de EP volveu ao antroido! Dado que o día do festival moitos nenos e nenas non puideron vir ao centro por diversos motivos, decidiron facer unha pequena recreación do festival. Xuntos puideron bailar a coñecida "danza dos arcos" e revivir o espírito do antroido! Aquí nos deixan unha pequena mostra! 

venres, 11 de marzo de 2022

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día a todos e a todas!! Que tal estades? O martes 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, traballando mulleres significativas dos proxectos que se levan a cabo en cada etapa: do circo en Educación Infantil e sobre o camiño dos faros en Educación Primaria.

Velaquí podedes ver como traballaron os nenos e nenas de todos os cursos de Educación Primaria. Recibiron caixas con códigos que debían descifrar para saber sobre quen ían investigar e elaboraron carteis informativos para colocar na exposición da entrada do colexio 😍


Agora podedes ver imaxes do alumnado de Educación Infantil e o producto final das súas investigacións😍

💜4.º Educación Infantil 💜

💜5.º Educación Infantil 💜


💜6.º Educación Infantil 💜

Parabéns por estes traballos tan marabillosos 💜 e moitas grazas ao Concello de Carballo polos agasallos para os nosos nenos e nenas 👏👏

Un bico,



xoves, 10 de marzo de 2022

KATIE SANDWINA

 Dende a aula de 4.º de Educación Infantil queremos compartir con vós a muller traballada neste 8M.

Fin da 4º etapa

 Bos días rapaces e rapazas! Os vosos compañeiros/as de 4º acaban de finalizar a cuarta etapa do camiño dos faros. 

Imos ver que aprenderon durante o traxecto! 

luns, 7 de marzo de 2022

ANTONETTE CONCELLO

Dende a aula de 6.º de Educación Infantil queremos compartir con vós a muller traballada neste 8M.

PINITO DEL ORO

Para conmemorar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, as nenas e nenos de Educación Infantil van traballar a Pinito del Oro, unha muller representativa no mundo do circo.

Hoxe, dende a aula de 5.º de Educación Infantil quere compartir con todos nós a súa biografía 😊

Pronto teredes máis noticias das nenas e nenas desta aula, pois farán un vídeo informativo 😍

xoves, 3 de marzo de 2022

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Este ano, festexamos moito o Entroido!! Celebramos o xoves de compadres, o xoves de comadres e o venres 25 fixemos un gran desfile polas rúas próximas ao colexio. Como veredes, fomos disfrazados de simboloxía representativa dos nosos proxectos:

  • Paiasos e paiasas en Educación Infantil polo proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet".
  • Oleiros/as, percebes, fotógrafos/as, piratas, a danza dos arcos e pintores/as polo proxecto "O camiño dos faros" de Educación Primaria.

Que gusto da vervos a todos/as 😍 Grazas por compartir conmigo este vídeo.

XINCANA DÍA DE ROSALÍA

Bo día amiguiños e amiguiñas 😀 estou aquí para darvos as grazas por axudarme a atopar os libros perdidos de Rosalía de Castro 👏 estívenvos observando, e soubestes resolver moi ben cada unha das misións da xincana, así da gusto!! Déixovos algunhas fotos e vídeos que fun recompilando de todos vós para que poidades velas 😍

🌳🌸5.º Educación Infantil🌸🌳

Ademais, as nenas e nenos desta aula tamén fixeron unha exposición co título "Rosalía do circo", relacionando esta conmemoración co proxecto anual "Baixo a mesma carpa de crochet". Que persoa do circo lle gustaría ser a Rosalía de Castro? 


🌳🌸6.º Educación Infantil🌸🌳


🌳🌸2.º Educación Primaria🌸🌳


🌳🌸3.º Educación Primaria🌸🌳


🌳🌸4.º Educación Primaria🌸🌳


🌳🌸5.º Educación Primaria🌸🌳


Moitas grazas pola vosa participación e bo entroido. Un bico ben forte, 



TOMAS 5 E 6 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"

Hoxe, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil envíannos as tomas 5 e 6 do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Mirade que marabilla 😍