martes, 20 de xuño de 2023

A VOZ DO SAN LUÍS

Velaquí vos deixamos un número máis da revista "A Voz do San Luís" con lembranzas e aprendizaxes deste curso 2022/2023. Agardamos que gocedes dela e que pasedes un bo verán!! 🌞

sábado, 17 de xuño de 2023

MES DAS LETRAS GALEGAS

Bo día lectoras e lectores. Tiña pendente amosarvos o realizado no noso colexio polo Mes das Letras. Como sabedes xa elaboramos a principios do mes de maio un Symbaloo de recursos sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polas Letras Galegas neste ano 2023.

Durante o mes de maio estivemos a realizar algunhas actividades sobre este persoeiro, destancando unha ACTIVIDADE DE ROBÓTICA para repasar os carteis sobre a súa vida e obra e a I CARREIRA POLA LINGUA.

Velaquí vos deixo un vídeo 😊

Un saúdo,


mércores, 31 de maio de 2023

Restaurante San Luís

 Boas a todos e todas! Fai unhas semanas o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP púxose mans á obra e prepararon un delicioso menú saúdable. Pasaron unha xornada moi divertida na que puideron saborear os seus pratos! 

Mirade que boa pinta tiña todo! 

Bo traballo rapaces e rapazas! 



mércores, 24 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Do 17 ao 21 de abril foi a Semana do Libro e, como non, realizamos diferentes actividades no noso centro: lecturas no patio, participación no Salón do Libro... 📕📗📘📙📖

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e aproveitamos para relacionalo co PDI da biblioteca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos". Velaquí o que fixemos:

🍉Probamos diferentes alimentos para recoñecer o seu sabor.

🙈Tapamos os ollos e probamos un alimento.

🍌Intentamos adiviñar de que alimento se trataba.

🍊Levamos ao BeeBot á casilla coa imaxe correspondente.

PREME AQUÍ PARA VER O QUE REALIZARON NA AULA DE 4.º DE EDUCACIÓN INFANTIL

domingo, 14 de maio de 2023

SYMBALOO LETRAS GALEGAS

Boa tarde, lectoras e lectores da Bibliosanluís!! Chegou o mes de maio e con el unha data tan sinalada como é o Día das Letras Galegas. Sabedes a quen se lle dedica este 17 de maio? A Francisco Fernández del Riego.

Se queredes saber un pouco máis deste persoeiro que fixo tanto pola lingua galega, consultade os recursos deste Syambaloo. É moi sinxelo. Só tedes que pinchar na imaxe para acceder a el.



xoves, 4 de maio de 2023

CONSELLOS SOBRE HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

Seguimos traballando no noso PDI "Cóidome, cóidote, coidámonos" en relación ao Plan Proxecta. Velaquí vos deixamos o tríptico con información sobre hábitos e estilos de vida saudables que as nenas e nenos levaron hoxe para as casas.

martes, 2 de maio de 2023

Menú saudable!

 Boas rapaces e rapazas! O pasado venres o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria abriu as portas de novo do Restaurante San Luís para degustar un menú saudable! Mirade que gran traballo!

Saúdos!




xoves, 20 de abril de 2023

COIDÁMONOS!

 Boas rapaces e rapazas! Arrancamos este terceiro trimestre coa última parte do noso PDI CCC con "Coidámonos", onde abordaremos a problemática da contaminación e o coidado do medio ambiente. 

Como sabemos, o noso entorno tamén é fundamental para ter unha vida de calidade polo que debemos ser moi conscientes das principais accións humanas que repercuten directamente na nosa saúde. E ti, ¿axudasnos a coidarnos? 

Comezamos con... 

                                                                       
 
  



Cóidote...

 Bos días rapaces e rapazas! Damos por finalizado o traballo realizado no segundo trimestre dentro do noso proxecto CCC. 

Durante este tempo aprendemos moitas cousas, entre elas, nas clases de educación física os nenos e nenas fixeron pequenas maniobras de primeiros auxilios! Mirade todo o que fixemos. Bo traballo rapaces! 

Saúdos, 





venres, 14 de abril de 2023

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Retomando a actividade do curso anterior, os nenos e nenas decidiron celebrar o Día da Poesía e da Árbore recitando e creando diferentes poemas. Logo foron colgando nas árbores que hai, non só na contorna do centro, senón en numerosos lugares do pobo estas creacións para que todos os que quixesen puidesen desfrutalas. 

Bo traballo rapaces e rapazas! 







Fidalgo


xoves, 13 de abril de 2023

HORTA DE MARZO

Coa primavera decidimos coidarnos producindo os nosos alimentos, sementando na horta. Así teremos produtos frescos, ecolóxicos e que non producirán contaminacion porque non teñen que ser transportados.

Comezamos preparando a terra, deixándoa sen unha soa herba 🌱. Sementamos patacas, feixóns, espinacas, acelgas, amorodos... e regamos 💦. Tamén cultivamos unhas poucas herbas aromáticas pra facer máis ricas as comidas que queremos cociñar. Agora toca esperar e coidar a horta. Xa vos iremos contando.


Grazas pola vosa aportación e traballo, rapazas e rapaces 😍

E TI, SÚMASTE A PRODUCIR COMPOST?

Seguimos poñendo en marcha iniciativas sobre hábitos de vida saudable e, neste terceiro trimestre, é a quenda da reciclaxe e o coidado do mediomabiente. Dende o Concello de Carballo ofrecéronnos participar nun proxecto para ser produtores de compost a partir dos residuos orgánicos que producimos cada día cos restos que nos quedan do que traemos para merendar.

Explicáronnos como facer o compost, trouxeron todo o preciso, montamos o composteiro e xa comezamos a producilo.

Se queres imaxes desta actividade, olla esta entrada do blog "A nosa fiestra" 😊 https://anosafiestrasanluis.blogspot.com/2023/03/composteiro.html 

E ti, súmaste a producir compost?

domingo, 26 de marzo de 2023

CHARLA COA DENTISTA MARÍA GÓMEZ E A SÚA COMPAÑEIRA

Dende o Concello de Carballo están a desenvolver unha campaña de saúde bucodental que nos vén como anel ao dedo para seguir abordando o noso proxecto titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" a través do que traballamos, este trimestre, sobre persoas que nos coidan.

Aprendemos sobre a importancia dun bo cepillado de dentes, cantas veces os debemos cepillar ao día, como debemos facelo e moitas máis cousas!! Ademais recibimos de agasallo un cepillo de dentes e un reloxo de area para contar o tempo do cepillado 👄🦷

Moitas grazas ao Concello de Carballo por promover este tipo de iniciativas e ás chicas da Clínica María Gómez Lamas por compartir o seu tempo con nós 💚

VISÍTANOS JOSÉ JIMÉNEZ BORJA

Seguimos traballando no noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este 2.º trimestre é a quenda do cóidote e... quen nos coida a nós?

José Jiménez Borja é un claro exemplo de entrega á sociedade pois é policía local e ademais, superando moitos prexuízos sociais e a base de esforzo, é o primeiro policía xitano de Galicia 🚓🚔 Emociónanos saber que a ubicación do colexio lle trouxo recordos da súa infancia que estaban ligados á feira de Carballo 😍

Un orgullo ter compartido contigo a xornada do 24 de marzo. Moitas grazas por facelo posible 💕

POEMA "OÍCHES!!!" ELABORADO NA AULA DE 5.º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Poema do non ás cacas ⛔💩 elaborado e recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil.

sábado, 18 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.

Houbo obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e charlas máis teóricas nos cursos de Primaria. Con elas aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.

Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜 Agardamos que gocedes dos produtos da nosa contorna que compartimos con vós: pan de Carballo, chocolate Mariño, produtos Calvo e olería de Buño.

POEMA "POLAS RÚAS" DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ

Poema "Polas rúas" 🚗🚕🚦de Ana María Fernández recitado polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

POEMA "POMBIÑA DA PAZ" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Poema "Pombiña da paz" 🐦de Antonio García Teijeiro recitado polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

POEMA "O MOUCHO" DE ROSALÍA DE CASTRO

 Poema "O moucho" de Rosalía de Castro recitado polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

POEMA "EN MI CARA REDONDITA" DE GLORIA FUERTES

 Poema "En mi cara redondita" 👦👧de Gloria Fuertes recitado polo alumnado de 4.º de Educación Infantil.

domingo, 12 de marzo de 2023

8M: Mulleres galegas que nos coidan

Dende a aula de 6.º de Educación Infantil queren compartir con nós o seu traballiño para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Relacionárono co proxecto de aula e co PDI da biblioteca e traballaron sobre a figura de mulleres galegas que nos coidan 💜

Buscaron información e elaboraron un pequeno mural 😊





Grazas pola vosa aportación,



martes, 7 de marzo de 2023

8 M Día Internacional da muller

 Boas a todos e todas! 
O vindeiro 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller polo que vos deixamos unha serie de obras a vosa disposición! 



sábado, 25 de febreiro de 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Proximamente, estará aberto o prazo de preinscrición para o curso 2023/2024. Estás pensando en matricular ao teu fillo/a no noso cole? Vén coñecernos!! 😀😍


DÍA DE ROSALÍA

Onte, 24 de febreiro de 2023 celebramos no noso colexio o 186 aniversario de Rosalía de Castro. Relacionándoo co noso PDI e co Plan Proxecta que desenvolvemos, traballamos co poema "Miña casiña, meu lar", onde Rosalía fala dun caldo humilde 🍵 Fixemos un caldiño que sabía a gloria!! Degustámolo xunto con broa e a tarta do seu aniversario.

Resultou unha actividade moi interesante onde compartimos un anaco ben agradable 😍 nenas e nenos participaron en todo o proceso, incluso facendo de camareiros/as no noso particular restaurante!!

III SEMANA DO CORAZÓN E ENTROIDO

Do 13 ao 17 de febreiro, no CEIP Xesús San Luís Romero tivemos uns días de moito festexo!! Celebramos a nosa III Semana do Corazón 💖e o Entroido 🎭, relacionándoo todo con hábitos e estilos de vida saudables que é a temática do noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos".

sábado, 11 de febreiro de 2023

PREPARAMOS UN MENÚ SAUDABLE

O mes de febreiro, comezou fortemente saudable, sobre todo para o alumnado de Educación Infantil. Dentro do proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos, estiveron a preparar un MENÚ SAUDABLE 🍅🍑🍓🍀. Este menú, foi supervisado por Tania Mesejo que seguro lembrades nos dou unha charla sobre alimentación fai uns días.

1.º Fomos á feira, ao mercado de Carballo e a algunhas tendas da localidade para mercar os ingredientes necesarios para a elaboración do menú.

2.º Preparamos o menú


🍅Primeiro prato: alumnado de 6.ºEI

🍋Segundo prato: alumnado de 5.ºEI

🍇Sobremesa: alumnado de 4.ºEI

Acudimos ao Restaurante Sanluís para xantar, onde o alumnado de 6.º de Educación Primaria tivo un papel importantísimo.

·         Explicaron o menú do día e as súas variantes.

·         Elaboraron as comandas.

·         Serviron as mesas.

·         Animaron aos máis pequenos a probar novos alimentos.

·         Prepararon as mesas.

·         Serviron o menú.

·         Axudaron a recoller, reciclar e lavar todos os utensilios empregados.

 


Un saúdo rapazada,



domingo, 5 de febreiro de 2023

Día escolar da non violencia e paz

 Boas a todos e todas! 

O pasado 30 de xaneiro foi o día internacional da paz e, por este motivo, no centro decidimos "liberar" algúns poemas que estaban engaiolados e necesitan liberdade! 

Todos os curso prepararon o seu poema para poder recitalo, tamén bailamos da man de Mamá Cabra a canción "Da paz" e, finalmente, lanzamos os noso poemas! 

Bo traballo! 



CHARLAS SOBRE ALIMENTACIÓN CON TANIA MESEJO

O pasado 27 de xaneiro, o noso alumnado recibiu unhas charlas sobre alimentación saudable. Sabedes quen as impartiu? Tania Mesejo, nutricionista e bióloga que, ademais, naceu no noso barrio.

Adultos e alumnado, aprendemos un montón de cousas que non sabiamos e que intentaremos aplicar nas nosas comidas. Fíxonos reflexionar sobre certos alimentos, deixounos participar, preguntar dúbidas... Unha moi boa experiencia!! 😀

Moitas grazas Tania por facer isto posible e por axudarnos a que as nosas nenas e nenos medren cuns hábitos saudables 🍅🍇🍉🍊🍋🍎🍏🍐🍑🍒🍓🍴🍶🏃

martes, 24 de xaneiro de 2023

Día internacional da paz

 O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o Día da paz no noso centro! Para iso puxemos a vosa disposición algunha obra relacionada con esta conmemoración! 




martes, 17 de xaneiro de 2023

Ano novo...biblioteca nova!

 Boas rapaces e rapazas! Comezamos este 2023 con moitas novidades! Estamos preparando un novo espazo máis amplo e acolledor para poder desfrutar todos/as xuntos! Manterémosvos informados!