sábado, 25 de febreiro de 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Proximamente, estará aberto o prazo de preinscrición para o curso 2023/2024. Estás pensando en matricular ao teu fillo/a no noso cole? Vén coñecernos!! 😀😍


DÍA DE ROSALÍA

Onte, 24 de febreiro de 2023 celebramos no noso colexio o 186 aniversario de Rosalía de Castro. Relacionándoo co noso PDI e co Plan Proxecta que desenvolvemos, traballamos co poema "Miña casiña, meu lar", onde Rosalía fala dun caldo humilde 🍵 Fixemos un caldiño que sabía a gloria!! Degustámolo xunto con broa e a tarta do seu aniversario.

Resultou unha actividade moi interesante onde compartimos un anaco ben agradable 😍 nenas e nenos participaron en todo o proceso, incluso facendo de camareiros/as no noso particular restaurante!!

III SEMANA DO CORAZÓN E ENTROIDO

Do 13 ao 17 de febreiro, no CEIP Xesús San Luís Romero tivemos uns días de moito festexo!! Celebramos a nosa III Semana do Corazón 💖e o Entroido 🎭, relacionándoo todo con hábitos e estilos de vida saudables que é a temática do noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos".

sábado, 11 de febreiro de 2023

PREPARAMOS UN MENÚ SAUDABLE

O mes de febreiro, comezou fortemente saudable, sobre todo para o alumnado de Educación Infantil. Dentro do proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos, estiveron a preparar un MENÚ SAUDABLE 🍅🍑🍓🍀. Este menú, foi supervisado por Tania Mesejo que seguro lembrades nos dou unha charla sobre alimentación fai uns días.

1.º Fomos á feira, ao mercado de Carballo e a algunhas tendas da localidade para mercar os ingredientes necesarios para a elaboración do menú.

2.º Preparamos o menú


🍅Primeiro prato: alumnado de 6.ºEI

🍋Segundo prato: alumnado de 5.ºEI

🍇Sobremesa: alumnado de 4.ºEI

Acudimos ao Restaurante Sanluís para xantar, onde o alumnado de 6.º de Educación Primaria tivo un papel importantísimo.

·         Explicaron o menú do día e as súas variantes.

·         Elaboraron as comandas.

·         Serviron as mesas.

·         Animaron aos máis pequenos a probar novos alimentos.

·         Prepararon as mesas.

·         Serviron o menú.

·         Axudaron a recoller, reciclar e lavar todos os utensilios empregados.

 


Un saúdo rapazada,



domingo, 5 de febreiro de 2023

Día escolar da non violencia e paz

 Boas a todos e todas! 

O pasado 30 de xaneiro foi o día internacional da paz e, por este motivo, no centro decidimos "liberar" algúns poemas que estaban engaiolados e necesitan liberdade! 

Todos os curso prepararon o seu poema para poder recitalo, tamén bailamos da man de Mamá Cabra a canción "Da paz" e, finalmente, lanzamos os noso poemas! 

Bo traballo! 



CHARLAS SOBRE ALIMENTACIÓN CON TANIA MESEJO

O pasado 27 de xaneiro, o noso alumnado recibiu unhas charlas sobre alimentación saudable. Sabedes quen as impartiu? Tania Mesejo, nutricionista e bióloga que, ademais, naceu no noso barrio.

Adultos e alumnado, aprendemos un montón de cousas que non sabiamos e que intentaremos aplicar nas nosas comidas. Fíxonos reflexionar sobre certos alimentos, deixounos participar, preguntar dúbidas... Unha moi boa experiencia!! 😀

Moitas grazas Tania por facer isto posible e por axudarnos a que as nosas nenas e nenos medren cuns hábitos saudables 🍅🍇🍉🍊🍋🍎🍏🍐🍑🍒🍓🍴🍶🏃