O día 16 de xaneiro o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de regueifa que forma parte do programa Enreguéifate impulsado por diferentes concellos, entre eles o de Carballo.
Este taller adáptase de marabilla ao noso proxecto anual "Tradicións unindo Xeracións"
A regueifa é algo propio da nosa comarca, especialmente na época dos nosos avós/avoas e bisavós/bisavoas. Afortunadamente, dende fai uns anos, contamos cada vez con persoas que están a revivir a maxia desta improvisación oral en verso, promovéndose diferentes actividades deste tipo onde poden participar persoas de diferentes idades.
O EDLG do noso centro impulsa estas actividades e podedes ver o resultado no seu blog.
Queredes ver como foi esta sesión con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira? Pulsade no seguinte enlace.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/obradoiro-de-regueifa.html
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
Ningún comentario:
Publicar un comentario