O xoves 27 de febreiro, o alumnado de 2º de educación primaria recibiu unu obradoiro de poesía por parte de Dores Tembrá. Este obradoiro foi ofertado polo concello de Carballo.
Dores é a autora do libro "O peizoque Roque". No seu libro o peizoque Roque busca palabras polo bosque para sobrevivir. Por iso, no seu taller os nenos e as nenas da clase ían botándolle palabras para alimentalo durante a lectura e despois cada un foi escribindo e debuxando as palabras coas que lles gustaría darlle de comer ao peizoque Roque.
Video Collage de Fotos Feliz Cumpleaños Multicolor de Biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario