Con motivo da celebración do día das letras galegas o venres 16 de maio reunímonos todo o alumnado do centro e o profesorado na biblioteca para cantar o himno galego e homenaxear o noso idioma e as cantareiras.
Aproveitamos tamén para compartir con vós o traballo elaborado polo EDLG do centro que pon en valor as CANTAREIRAS e a poesía tradicional oral, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. No enlace encontraredes un Symbaloo cunha fantástica recompilación de actividades.
VIVA A NOSA LINGUA E VIVA AS CANTAREIRAS!!!!
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/05/letras-galegas-2025.html
Participamos todo o centro nun encontro en Mens para conmemorar a figura das súas pandereiteiras e ademais agasalláronnos cun libro. Invitámosvos a que visitedes o blog do Equipo de Dinamización https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/05/macroconvivencia-ao-son-da-pandeireta.html para ver como se desenvolveu esta xornada tan marabillosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario