BIBLIOSANLUIS
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
venres, 20 de xuño de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
venres, 6 de xuño de 2025
VISITA Á RADIO DO CEIP A CRISTINA
Hoxe visitamos a radio do CEIP A Cristina cos alumnos de 6º de educación primaria: Trini, Sameri, David, Roberto, Carla e Malak. Alí estaban esperándonos alumnos tamén de 6º de EP: Ana, Iria, Xian e Victoria. Ensináronnos o centro e a súa radio e o seu funcionamento que tantas ganas tiñamos de coñecer. Despois empezamos a entrevista.
Que ben o pasamos!!!
Deixámosvos unhas fotos, un pequeno vídeo do comezo da entrevista e o podcast.
mércores, 4 de xuño de 2025
PROXECTO ENTRE O ALUMNADO DE 5º EI E O ALUMNADO DE 4ºEP DE CANOSA RUS
Ao longo deste curso o alumnado do noso centro de 5º de educación infantil e o alumnado de 4º de educación primaria do CEIP Canosa Rus levaron a cabo unha colaboración para desenvolver o proxecto "A nosa casa da vila".
A biblioteca tamén xogou un papel no desenvolvemento deste proxecto achegando os libros de ficción ou/e informativos que precisaron. Para poder compartilo co colexio de Canosa Rus tamén lle fixemos un carnet de biblioteca para emprestar libros con eles/elas.
Estiveron e están facendo un traballo espectacular que queremos que coñezades por iso compartimos con vós o enlace onde poderedes ver todas as actividades levadas a cabo.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/Proxecto%20%22A%20nosa%20casa%20da%20vila%22
luns, 2 de xuño de 2025
LECTURAS COMPARTIDDAS
O pasado venres 30 de maio, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria foi ler contos ás tres aulas de educación infantil e ás aulas de 1º a 4º de educación primaria. Sempre é unha experiencia fantástica que o alumnado maior veña ler uns contos aos alumnos e alumnas de clases inferiores. Todos están moi emocionados e contentos de participar nesta actividade. É unha experiencia que repetimos curso tras curso e pensamos seguir levando a cabo.
Deixamos unhas imaxes dos libros que foron ler e un vídeo onde se pode ver o bo momento compartido.
martes, 27 de maio de 2025
Vendimando en Infantil.
venres, 16 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025: AS CANTAREIRAS
Con motivo da celebración do día das letras galegas o venres 16 de maio reunímonos todo o alumnado do centro e o profesorado na biblioteca para cantar o himno galego e homenaxear o noso idioma e as cantareiras.
Aproveitamos tamén para compartir con vós o traballo elaborado polo EDLG do centro que pon en valor as CANTAREIRAS e a poesía tradicional oral, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. No enlace encontraredes un Symbaloo cunha fantástica recompilación de actividades.
VIVA A NOSA LINGUA E VIVA AS CANTAREIRAS!!!!
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/05/letras-galegas-2025.html
venres, 25 de abril de 2025
SEMANA DO LIBRO E A LECTURA EN CARBALLO
Un ano máis participamos nas actividades que levan a cabo dende o concello de Carballo e a asociación ASPG para a celebración do día do libro. Este ano o tema foi O Cine.
Participamos na exposición colaborativa que realizan os centros escolares de Carballo na biblioteca Rego da Balsa. Nos promocionamos a figura de Rosalía de Castro co enlace ao vídeo-documental sobre a súa vida e obra e varios vídeos de recitados de poemas. O público podía acceder a eles lendo os QR situados nos paneis laterais. Tamén participamos expoñendo todo o traballo que leva elaborando o alumnado de 5º de EI do centro en cooperación co alumnado de CEIP de Rus.
Ademais participamos nos obradoiros ofertados para o alumnado de 1º, 3º e 5º de educación primaria:
- Para o alumando de 5º de EP: Obradoiro de escrita creativa: A fonte da palabras silenciosas con Antón Cortizas.
- Para o alumnado de 1º de EP: visita á exposición e asistencia á obra de títeres "A pita xefa" de Alakrán.
- Para o alumnado de 3º de EP: obra de teatro "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica." Títeres Tanxarina. Ademais agasallaron a cada alumno cun exemplar do libro que se representou.
A continuación deixámosvos unhas imaxes para ilustrar a semana tan fantástica que organizaron:
xoves, 24 de abril de 2025
SELECCIÓN DE LECTURAS PARA A SEMANA DO LIBRO POR PARTE DO EDLG
Como sabedes, o 23 DE ABRIL conmemórase o DÍA DO LIBRO e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega aproveitaron para difundir a través do seu blog libros ou vídeo-libros en galego.
Deixámosvos o enlace para que lle botedes unha ollada.
Moitas GRAZAS!
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/D%C3%ADa%20do%20Libro
mércores, 23 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO
Este ano realizamos un vídeo colaborativo durante a hora do recreo co alumnado e profesorado do centro que nos recomendan as súas lecturas favoritas para celebrar este día do libro. Esperamos que vos sirva de inspiración para novas lecturas. Animádevos!
mércores, 9 de abril de 2025
ENTREVISTA DO ALUMNADO DO CEIP A CRISTINA
O mércores 9 de abril dúas alumnas do CEIP A Cristina, Sabela e Lucía, acudiron ao noso centro acompañadas pola súa coordinadora da biblioteca escolar Maica, para realizar unha entrevista ás dúas coordinadoras das bibliotecas dos dous centros. Foi unha experiencia fantástica (aínda que tivemos algúns problemas co sonido do vídeo) e proximamente iremos nos ao seu centro a gravar un programa na súa radio con alumnado de 6º de EP. Temos moitas ganas de que chegue ese día!!!!