mércores, 27 de marzo de 2019

ZOQUEANDO ATA PONTE LUBIÁNS

Seguimos Zoqueando por Carballo, e achegámonos agora ao seu límite co Concello de Coristanco para coñecer unha ponte do tempo dos romanos. Aquí tedes unha guía para investigar na biblioteca ou na internet.

Zoqueando Lubiáns by Equipo Biblioteca on Scribd

xoves, 7 de marzo de 2019

8 M Día da Muller

Velaquí está o cartel que fixo un grupo de alumnado de 5º e 6º nivel para presentar a un concurso sobre a Igualdade. 
Non gañaron, pero hai que ver que chulo quedou. 



martes, 5 de marzo de 2019

ANTROIDO 2019

E foi festa rachada. Grazas por compartir o día con nós as familias que alí estivestes, e a todas as que contribuistes con doces . Que bos estaban!!!! Tamén nos gustou moito a compañía do alumnado de Aspaber e algúns dos seus prof@s. Volvede pronto!