Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de xuño de 2024

17 de maio. "Día das Letras Galegas".

Este ano a homenaxeada no día das Letras Galegas foi Luisa Villalta. Seguindo o proxecto anual da biblioteca "Canto Sentimento", os máis pequenos do cole quixemos poñer diferentes emocións a esta gran escritora, filóloga e violinista.🤣😊😒 Ollade e veredes.
17 de maio de BIBLIOTECA

sábado, 17 de xuño de 2023

MES DAS LETRAS GALEGAS

Bo día lectoras e lectores. Tiña pendente amosarvos o realizado no noso colexio polo Mes das Letras. Como sabedes xa elaboramos a principios do mes de maio un Symbaloo de recursos sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polas Letras Galegas neste ano 2023.

Durante o mes de maio estivemos a realizar algunhas actividades sobre este persoeiro, destancando unha ACTIVIDADE DE ROBÓTICA para repasar os carteis sobre a súa vida e obra e a I CARREIRA POLA LINGUA.

Velaquí vos deixo un vídeo 😊

Un saúdo,


domingo, 14 de maio de 2023

SYMBALOO LETRAS GALEGAS

Boa tarde, lectoras e lectores da Bibliosanluís!! Chegou o mes de maio e con el unha data tan sinalada como é o Día das Letras Galegas. Sabedes a quen se lle dedica este 17 de maio? A Francisco Fernández del Riego.

Se queredes saber un pouco máis deste persoeiro que fixo tanto pola lingua galega, consultade os recursos deste Syambaloo. É moi sinxelo. Só tedes que pinchar na imaxe para acceder a el.



xoves, 19 de maio de 2022

AS LETRAS GALEGAS EN EI

Aquí vai a aportación dos máis pequechos/as do colexio para estas Letras Galegas. Traballaron sobre o poema "Cantar dos topónimos" de Florencio Delgado Gurriarán e fixeron a súa propia interpretación.

Foi o seu primeiro achegamento á técnica do croma e, aínda que hai que pulir algúns pequenos erros, o resultado foi ben bonito 😍 para a próxima máis e mellor!!

Grazas sempre polas vosas aportacións. Magnífico traballo 💕

Un bico ben forte,



AS LETRAS GALEGAS EN 3.ºEP

Bo día a todos e a todas!! As nenas e nenos de 3.º de Educación Primaria queren compartir con nós o seu traballo sobre Florencio Delgado Gurriarán. Realizaron unha actividade co escornabot para traballar sobre os carteis da vida e obra do autor, prepararon o nome de Florencio usando a placa micro:Bit, elaboraron un rosco de Pasapalabra... Canto traballo e que marabilla!!! 😍


Grazas por todo rapaces e rapazas. Moitos parabéns!! 👏😀



xoves, 12 de maio de 2022

SYMBALOO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Aquí vos deixo un Symbaloo cheiño de recursos que preparamos para que poidas aprender moito sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Fíxate en que hai un código de cores que indica:

  • Material didáctico gañador do Concurso de carteis e guía das Letras Galegas. Parabéns compañeiros/as!!
  • Vídeos de Youtube sobre Florencio Delgado Gurriarán.
  • Capítulos "Polos vieiros de Florencio".
  • Capítulos "O soño da Galicia infinda".
  • Xogos atopados na rede e elaborados por outros centros de Galicia.
  • Páxinas web oficiais: Consello da Cultura Galega, RAG, Portal da Lingua...
  • Poemas musicados.
  • Xogos elaborados no noso centro para traballar sobre a vida e obra de don Florencio.


Aprendede moito,



domingo, 8 de maio de 2022

FAI MEMORIA CON FLORENCIO

 Velaquí tedes un memory!! Dádelle a volta ás cartas e buscade o texto coa imaxe correspondente.

SOPA DE LETRAS FLORENCIO

Atréveste a buscar oito palabras significativas na vida de Florencio Delgado Gurriarán? Anímate con esta sopa de letras.

Se queres xogar dende un móbil ou tablet, unha vez atopes a palabra debes pinchar na primeira e na última letra para que a recoñeza o xogo.

ROSCO PASAPALABRA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Como sabedes, estas Letras Galegas 2022 están dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Velaquí vos deixamos un Rosco de Pasapalabra para que poidades aprender un pouco máis del.

sábado, 8 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Lectoras, lectores!!! Lembrabádesvos de que o próximo 17 de maio é o Día das Letras Galegas? Pois ben, veño deixarvos uns xoguiños interactivos sobre Xela Arias, a autora homenaxeada este ano.

PASAPALABRA


VERDADEIRO OU FALSO


Agora, achégovos tamén outros materiais elaborados no noso colexio.

PRESENTACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE XELA ARIAS

REBUMBIO DE LETRAS DAS FACETAS PROFESIONAIS DE XELA ARIAS


ENCRUCILLADO


MINILIBRO


MARCADOR XELA ARIAS


MARCAPÁXINAS XELA ARIAS


Gustaríame tamén, dende aquí, felicitar aos centros gañadores do Concurso de Carteis deste ano 👏👏 Se premedes nas seguintes ligazóns, accederedes aos diferentes materiais de Educación Primaria que, por certo, son ben interesantes para traballar sobre a figura de Xela Arias 😀

  • Carteis Letras Galegas 2021:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-22836.pdf
  • Guía Didáctica:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-22838.pdf

Un saúdo,



martes, 30 de marzo de 2021

RECITAL DE POEMAS DE XELA ARIAS

O pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía. É por isto que fixemos unha selección de poemas de Xela Arias para que cada aula recitase un. Queredes ver que ben o fixeron os nosos raparigos e raparigas? 😍😍


ALUMNADO 6.º B EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 6.º A EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 1.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 6.º EDUCACIÓN INFANTIL

ALUMNADO 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

ALUMNADO 4.º EDUCACIÓN INFANTIL

Moitos parabéns a todos e a todas!! Moitas grazas por participar 👏👏

Un afectuoso saúdo,



venres, 27 de novembro de 2020

RECORDANDO CARVALHO CALERO

Por mor da crise da COVID-19, a Real Academia Galega decidiu retomar o pasado mes de outubro a celebración das Letras Galegas, dedicada a Ricardo Carvalho Calero. É por isto veño para deixarvos aquí un vídeo sobre a súa biografía.


Se queredes acceder a todo o material elaborado para a exposición titulada "Recordando Carvalho Calero", accedede ao seguinte blog: https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/

Un saúdo,


xoves, 5 de novembro de 2020

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" DE RCC

Boa tarde lectoras e lectores!! Seguro que o curso pasado escoitastes falar de Ricardo Carvalho Calero, non si? Pois veredes, por mor da pandemia, a homenaxe a este autor non foi como nos gustaría polo que a Real Academia Galega decidiu retomar a celebración do Día das Letras Galegas no mes de outubro. Seguro que lembrades moitas cousas da vida e obra de Don Ricardo pois aló polo mes de maio traballouse desde a biblioteca e desde as aulas.

Eu estou aquí hoxe para compartir un fermoso vídeo que me fixo chegar o alumnado de 3.º de Educación Primaria e a súa titora, onde contan o conto titulado As pitas baixo a choiva do autor do que vimos a falar. Estou seguro de que vos encantará!! 😍 Eu estou abraiado de canto traballaron estes pequenos e pequenas e do ben que o fixeron. Moitos parabéns!!! 👏👏 E grazas por compartilo connosco 😀

Un saúdo para todos e todas,

martes, 26 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE X

Bo martes lectores e lectoras!! Chegamos á fin da celebración destas Letras Galegas 2020. Hoxe é a quenda do último cartel, o titulado "Continuando o camiño".
Agora que xa coñecedes os dez carteis, imos facer unha actividade da guía que consiste en localizar os intrusos. Estades preparados/as?? Tedes que localizar os elementos que non están nos carteis orixinais. Só hai un intruso por cartel 👀










































Animádevos a compartir connosco os intrusos que atopastes!! 👀 Podedes escribilos nos comentarios ou enviárnolos ao correo 📧


Antes de rematar, déixovos outra aportación dos Fedelleir@s do San Luís. Mirade que preciosidade de vídeo 😍😍


-----------------------------------

E isto é todo para celebrar estas Letras Galegas tan especiais. Remata aquí a andaina polo material que elaboramos no noso centro baixo o título Recordando Carvalho Calero e que resultou galardoado este ano. Agradecer a todos os centros que o empregastes para traballar a figura deste autor e que fixestes referencia a el tanto nas vosas páxinas web como blogs. Agardamos que fose do voso interese e vos resultase útil. Sen lugar a dúbidas foi feito con moito cariño 💕

Un saúdo,
Fidalgo.





luns, 25 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE IX

Bo luns!! Que tal estades? Todo en orde?? Agardo que si 😀 Esta semana recibín unha moi grata sorpresa. Traballiños vosos sobre o autor homenaxeado nestas Letras Galegas.

O voso compañeiro Mateo de 3.º de Educación Primaria quixo compartir un videopoema. Parabéns Mateo e moitas grazas por compartilo con nós!! 💓


Caricaturas de don Ricardo feitas polos Fedelleir@s do San Luís, é dicir, o alumnado de 3.º e 4.º de Educación Primaria. Que artistas!! 😍



Diferentes traballiños do alumnado de Educación Infantil. Velaquí vos deixo algunhas fotos, fixérono xenial 😍

Iniciais de Ricardo Carvalho Calero



Manualidade dunha pita logo de escoitar o conto As pitas baixo a choiva



Realizaron acrósticos coma os do cartel 6



Debuxaron a don Ricardo con máscara, como é propio dos tempos de pandemia




Agora damos paso ao cartel 8 da exposición Recordando Carvalho Calero. Titúlase "Obra inmensa".

E agora unhas preguntiñas para saber que atentos estivestes:

📚 Escribe os títulos das obras que aparecen recollidas no cartel.

✏ Que tipo de xéneros literarios escribiu Ricardo Carvalho Calero?

📙 Encima da mesa aparece un libro aberto. Como se titula o poema que se pode ler nel? Quen o escribiu?


Alguén se anima cunha actividade interactiva? Velaquí tedes unha feita polo CEIP Plurilingüe A Cristina de aquí de Carballo. Premede na seguinte ligazón e poderedes xogar dende o ordenador, a tablet ou o móbil: https://view.genial.ly/5eb3e12c8058270d1d1956f4


Como no cartel aparece reflectida a visión dende unha ventá, antes de marchar  quero deixarvos un audioconto titulado Ventanas de Carmen Queralt.



Un saúdo e bo comezo de semana,
Fidalgo.




venres, 22 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE VIII

Venres!! Hoxe é venres!! Remata a semana e veñen por diante dous días para descansar 😊 Pero antes, temos que darlle un repasiño ao cartel 8.
Agora unha proposta artística. O edificio do cartel non vos lembra á iniciativa "Derribando muros" do Concello de Carballo?? Anímovos a que debuxedes cada un a vosa casa e que, na súa parede, fagades un debuxo dun mural que vos gustaría ter nela. Podedes tamén debuxar a silueta dunha persoa importante para vós.

Animádesvos?? Encantaríame recibir moitas fotos 📷📷

------------------------------

Antes de marchar, gustaríame deixarvos unha curtametraxe titulada El valor de la empatía.



Boa fin de semana,
Fidalgo.





xoves, 21 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE VII

Bo día!! Un día máis desta semana é un día menos para que remate. Que tal estades? Como van eses ánimos?? Agardo que ben, eu aquí moi fresquiño entre as herbiñas 🌱🌲🌳🌲🌱

Hoxe vouvos presentar o cartel 7, estades preparados/as??
Quen se anima a recrear a plástica deste cartel? Veña veña!! Estou agardando ver as vosas artistadas 📼📼

Un saudiño,
Fidalgo.












mércores, 20 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE VI

Bo día meus amiguiños e amiguiñas!! Fidalgo á fala un día máis. Xa pasamos o ecuador dos carteis das Letras Galegas, xa poucos quedan para rematar o repaso que lle estamos facendo á vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

Hoxe é a quenda do cartel 6 titulado "Membro da RAG".

Velaquí a súa imaxe interactiva para que poidades ampliar información.


Agora que xa tedes moitísima información sobre este cartel, vou averiguar se estivestes moi atentos 👀

👉 En que ano ingresou don Ricardo na Real Academia Galega?
👉 Que institución elixe a persoa á que se lle dedica cada ano o Día das Letras Galegas?
👉 Que edificio é o que aparece debuxado neste cartel?
👉 Quen respondeu ao discurso de ingreso de Ricardo Carvalho Calero na RAG?
👉 En que institución foron compañeiros don Ricardo e Ramón Otero Pedrayo?

Moi ben a todos e a todas, fixéstelo xenial 😀 iso é que estivestes ben atentos 💪

----------------------------------------------

Gustaríame que visitásedes o blog "Fedelleir@s do San Luís" dos vosos compañeiros e compañeiras de 3.º e 4.º de Educación Primaria que fixeron un vídeo onde ilustran e contan o libro As pitas baixo a choiva. Parabéns 💓

Podedes acceder a el a través da seguinte ligazón:


Deica mañá.
Fidalgo.






martes, 19 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE V

Bo martes a todos e todas!! Día solleiro, non si? Da gusto 🌞 Hoxe é a quenda do cartel 5 da exposición Recordando Carvalho Calero. Aí vai:

Coma en todos os carteis, lembrade o seguinte.
  • Hai un vídeo coa súa lectura:
https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/2020/04/lectura-cartel-5.html
  • Podedes ampliar a súa información accedendo á imaxe interactiva:
https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/2020/04/imaxe-interactiva-cartel-5.html



Sabedes o motivo das pitas no cartel? Vouvos explicar. A súa simboloxía refírese a un libro que escribiu Don Ricardo e que titulou As pitas baixo a choiva. Coñecédelo? Déixovolo aquí para que o poidades ler:


Por se preferides escoitalo, velaquí tedes este audiolibro:



Gozade do material,
Fidalgo.