Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de novembro de 2024

25N

Dende o equipo da biblioteca preparouse unha selección de libros que tratan o tema da violencia de xénero para concienciar ao alumnado e a toda a comunidade educativa. Ademais durante esta semana recorreuse as distintas aulas de educación primaria para ler e despois comentar o libro : "Oso Tramposo" de Alfredo Gómez Cerdá. Resultou ser unha lectura moi adaptada que permitiu realmente reflexionar con todo o alumnado sobre a situación da violencia de xénero.



luns, 25 de novembro de 2024

25 DE NOVEMBRO.. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero o alumnado de Infantil asisitiu ao contocontos da fábula "Arturo e Clementina" onde se pon de manifesto a coeducación e estereotipos sexistas Unha vez rematado o conto fixemos as nosas particulares Clementinas baixo o lema 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
25 N de Biblioteca

domingo, 18 de febreiro de 2024

25 Novembro. "Día Internacional en contra da violencia de xénero".

O alumnado do S. Luís comparte o 25N con moito sentimento inerpretando a canción "Que bonito es querer" de Manuel Carrasco incitando ao amor e rexeitando a violencia.
Hoxe é un día moi especial 25N de ana.maria.b@edu.xunta.es