xoves, 20 de abril de 2023

COIDÁMONOS!

 Boas rapaces e rapazas! Arrancamos este terceiro trimestre coa última parte do noso PDI CCC con "Coidámonos", onde abordaremos a problemática da contaminación e o coidado do medio ambiente. 

Como sabemos, o noso entorno tamén é fundamental para ter unha vida de calidade polo que debemos ser moi conscientes das principais accións humanas que repercuten directamente na nosa saúde. E ti, ¿axudasnos a coidarnos? 

Comezamos con... 

                                                                       
 
  



Cóidote...

 Bos días rapaces e rapazas! Damos por finalizado o traballo realizado no segundo trimestre dentro do noso proxecto CCC. 

Durante este tempo aprendemos moitas cousas, entre elas, nas clases de educación física os nenos e nenas fixeron pequenas maniobras de primeiros auxilios! Mirade todo o que fixemos. Bo traballo rapaces! 

Saúdos, 





venres, 14 de abril de 2023

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Retomando a actividade do curso anterior, os nenos e nenas decidiron celebrar o Día da Poesía e da Árbore recitando e creando diferentes poemas. Logo foron colgando nas árbores que hai, non só na contorna do centro, senón en numerosos lugares do pobo estas creacións para que todos os que quixesen puidesen desfrutalas. 

Bo traballo rapaces e rapazas! 







Fidalgo


xoves, 13 de abril de 2023

HORTA DE MARZO

Coa primavera decidimos coidarnos producindo os nosos alimentos, sementando na horta. Así teremos produtos frescos, ecolóxicos e que non producirán contaminacion porque non teñen que ser transportados.

Comezamos preparando a terra, deixándoa sen unha soa herba 🌱. Sementamos patacas, feixóns, espinacas, acelgas, amorodos... e regamos 💦. Tamén cultivamos unhas poucas herbas aromáticas pra facer máis ricas as comidas que queremos cociñar. Agora toca esperar e coidar a horta. Xa vos iremos contando.


Grazas pola vosa aportación e traballo, rapazas e rapaces 😍

E TI, SÚMASTE A PRODUCIR COMPOST?

Seguimos poñendo en marcha iniciativas sobre hábitos de vida saudable e, neste terceiro trimestre, é a quenda da reciclaxe e o coidado do mediomabiente. Dende o Concello de Carballo ofrecéronnos participar nun proxecto para ser produtores de compost a partir dos residuos orgánicos que producimos cada día cos restos que nos quedan do que traemos para merendar.

Explicáronnos como facer o compost, trouxeron todo o preciso, montamos o composteiro e xa comezamos a producilo.

Se queres imaxes desta actividade, olla esta entrada do blog "A nosa fiestra" 😊 https://anosafiestrasanluis.blogspot.com/2023/03/composteiro.html 

E ti, súmaste a producir compost?