domingo, 22 de decembro de 2019

BOAS FESTAS

O profesorado do CEIP Xesús San Luís Romero desexámosvos unhas felices festas!! Non esquezades ler e agasallar libros neste Nadal.



Na imaxe podedes ver a exposición que realizamos coas postais que todas as nenas e nenos do cole elaboraron para o concurso de cartel e postal de Nadal promovido polo concello de Carballo.

PREMIO CONTOS DE NADAL

As nenas e nenos de 3.º e 4.º de Educación Primaria participaron no concurso de contos de Nadal que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz e fai unha semana recibimos unha gran noticia. Os contos de Iván, Daniela, Vagnely e Zakaría foron premiados, parabéns!!! 


Dende o equipo de biblioteca gustaríanos felicitar tamén aos demais nenos e nenas premiados, así como a todos/as aqueles/as que non gañaron pero que elaboraron o seu contiño con moito esforzo e ilusión!!

sábado, 21 de decembro de 2019

PREMIO POSTAL E CARTEL DE NADAL

No cole participamos no Concurso de cartel e postal de Nadal que promove o concello de Carballo e recibimos dous premios!! Un foi para Lucía de 4 anos e o outro para Nagore de 5. Noraboa!!! E noraboa tamén a todas as nenas e nenos que participaron do noso e dos outros coles pois, tal e como se dixo na entrega, foi unha decisión moi difícil.


Parabéns tamén a Mía, Alba, Rafael, Jorge e Lucía dos outros coles de Carballo e que tamén resultaron premiados/as!!! http://www.carballo.org/axenda.php?id=2017&idioma=gl&sec=31

venres, 6 de decembro de 2019

O NOSO RECUNCHO DE ROBÓTICA

Na nosa biblioteca contamos cun recuncho de robótica. Deixámosvos un pequeno vídeo para que vexades que material temos nel.



Pouco a pouco iremos publicando diferentes actividades de robótica que estamos facendo. Estade atentos!!

mércores, 4 de decembro de 2019

MELLORANDO POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

No colexio participamos no concurso "Xuntos sumamos" que promove a asociación Aloumiños. Consistía na elaboración de debuxos para as páxinas dun calendario, resultando gañadoras dúas nenas e dous nenos do noso cole. Parabéns!!


Os nenos e nenas do cole fixeron tantos debuxos tan bonitos que decidimos aproveitar para expoñelos na entrada do colexio con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Deixámosvos unhas fotos e convidámosvos a que os veñades ver.











Tamén poderedes ver unha grande cantidade de bolboretas que fixemos con motivo da historia das irmás Mirabal.


E que hai das novas adquisicións da biblioteca? Fai uns días asistimos a un curso de biblioteca inclusiva onde se falaba de Lectura Fácil polo que agora xa contamos con algúns libros que reciben esta denominación. Sabedes como se identifican?? Pois a través deste logo.


Deixámosvos algunha mostra dos libros que temos expostos e que conteñen pictogramas, braille, debuxos con relevo, DVDs con lingua de signos e algúns de lectura fácil.








Se queredes saber máis dalgúns destes libros, podedes acceder ás ligazóns que hai nas imaxes dunha entrada que xa publicamos neste blog: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/12/3-de-decembro-dia-das-persoas-con.html

martes, 3 de decembro de 2019

A REALIDADE DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, recibimos unha visita moi especial con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Pedro é un chico con discapacidade visual que nos contou cousiñas sobre o seu paso polo colexio da súa aldea, o instituto e a facultade, pois pese ás dificultades que poida ter, graduouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Tivemos a oportunidade de escoitar as súas vivencias, de facer preguntas... pero quedámonos coa súa mensaxe de facer unha vida o máis normal posible para todas e todos.


Moitas grazas Pedro!!

“Ser xusto non é dar o mesmo a todos e todas, senón dar a cada un en función das súas
necesidades. Así, a axuda non é un privilexio, é unha necesidade e un dereito”.

Marlene Horna Castiñeiras

luns, 2 de decembro de 2019

3 de decembro, Día das persoas con discapacidade


  1. OMS.- 10 datos sobre a discapacidade   ABRIR
  2. ABRIR
  3. DANZA MOBILE
Na nosa Biblioteca temos unha exposición e invitámoste a que a visites desde aquí. Son libros sobre inclusión e algúns de lectura fácil. Vai premendo nas portadas.

















venres, 29 de novembro de 2019

Día internacional contra a violencia de xénero

As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos o luns 25 de novembro.

Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.

Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar. A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!