Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de novembro de 2024

CONTOS SOBRE OS PERSONAXES DO SAMAÍN

Entre todo o alumnado de coñeceron algúns persoaxes que dan medo na nosa tradición. 

Saben quen é o Gatipedro, A bruxa dos dentes verdes,, o Tardo , a Tía Xuana.... e foi a esta a quen escolleron para facer unha historia entre todo o grupo. Aquí a tedes. 



O alumnado de 3º de educación primaria realizou un conto colectivo no que todos os protagonistas son os personaxes propios da mitoloxía galega que coñeceron durante esta celebración. A continuación podedes ler resultado. A nós encantounos!


martes, 5 de novembro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS

Coa chegada do Samaín e da man das nosas familias disfrutamos dunhas xornadas ben entretidas de "lecturas terroríficas". Que ben o pasamos coas historias do Gatipedro, Un Vampiro Peligrozo, A pantasma das bragas rotas....entre outras. Moitas grazas familias, sin a vosa colaboración non sería posible.🧡🧡🧡
leturas de Infantil

xoves, 24 de outubro de 2024

LIBROS PARA SAMAÍN

Este curso co motivo do noso proxecto anual: "Tradicións unindo xeracións" imos investigar sobre personaxes da mitoloxía galega para iso adquirimos varios libros para a biblioteca para investigar sobre o tema. Ademais realizamos unha exposición de libros sobre o medo na entrada do colexio. Agora xa sabedes...a pasar moito medo!!!!!! Jajajajajajaja!

martes, 22 de outubro de 2024

O SAMAÍN ACHÉGASE...



Este curso o noso proxecto anual é "TRADICIÓNS UNINDO XERACIÓNS", por iso polo Samaín, que xa está ás portas, queríamos darvos a coñecer unhas personaxes mitolóxicas da cultura popular galega que dan medo.
Para coñecelas deixámosvos a seguinte actividade a continuación.
Esperamos que vos gusten.
Estade atentos porque ao longo da vindeira semana teremos unhas actividades preparadas para celebrar esta festividade!


xoves, 11 de xaneiro de 2024

Samaín e Magosto 2023.

Relacionado co proxecto anual "Canto sentimento" da biblioteca, os nen@s de infantil participamos no Samaín e Magosto sentindo e facendo sentir moitas emocións. Ollade o video, quizais poñamos en funcionamento tamén o voso emocionómetro ao ver como ambientamos o cole, metía medo!, ( personaxes misteriosos agochados detrás das ventanas, portas encantadas....) disfraces terroríficos.... Atrevédesvos?.
samaín e magosto de veronica

E ti, a que lle tes medo?.

E ti, a que lle tes medo?, ás pantasmas, á escuridade, á tormenta, ou quizais á zapatilla de mamá?. Ollade que retratos máis arrepiantes ao pensar naquelo ao que lle tiñamos medo.
A que lle tes medo. (Retratos arrepiantes). de veronica

xoves, 17 de novembro de 2022

UN SAMAÍN DE MEDO

 Booooooo 🎃👻 Este ano celebramos un Samaín de medoooo!!

💀Elaboramos cabazas coas nosas familias.

💀Participamos na iniciativa "Presume de Xardíns" do Concello de Carballo.

💀Elaboramos merendas baixo o lema "Terrorificamente saudable" en relación co noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos".

💀Escoitamos un conto de medo contado por dúas profes.

💀Participamos en xogos tradicionais con elementos do outono.

Velaquí tedes algúns vídeos:

Grazas polas vosas aportacións 👻



martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe quero compartir con vós un vídeo da nosa celebración do Samaín🎃💀👻👿 Agardo que vos guste 😍


Como puidestes ver, participamos na iniciativa "Presume de xardíns" proposta dende o Concello de Carballo. Por este motivo, elaboraron un vídeo para colgar nas súas redes sociais. Déixovolo a continuación 👀 Moitas grazas por amosar o noso traballo!!😀

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación 😍

Un saúdo de medo,

domingo, 1 de novembro de 2020

MÁSCARAS TERRORÍFICAS E MEDOS FÓRA

Estes días xa vos fun ensinando un poquiño do ambiente de Samaín do cole pero tamén houbo outras actividades ben interesantes.

🎃Decorar máscaras terroríficas.

🎃Facer unha grilanda con símbolos de Samaín: pantasmas, gorros de bruxa, gatos, cabazas, caveiras... En cada un destes debuxos, as nenas e nenos escribiron/debuxaron unha cousa á que lle tiñan medo. Con isto fixemos grilandas, colgámolas por fóra das ventás e... medos fóra!!!

Agora déixovos un vídeo para que comprobedes canto traballan os nenos e nenas do noso cole.


Este Samaín dounos para traballar moito sobre o medo, unha emoción que moitas veces sentimos e unha das moitas que imos traballar no Proxecto Documental Integrado deste curso que se titula "Conto coa túa emoción". Xa temos creada unha etiqueta con este nome; pinchando nela atoparedes todas as actividades que imos realizando sobre esta temática.

Un saúdo,

venres, 30 de outubro de 2020

XOGA QUE TE XOGA!!!

Estes días nos que o outono, as castañas, as cabazas e o medo foron os protagonistas tamén quixemos levar aos patios algún que outro xogo, sempre por suposto respectando as zonas dos Grupos Estables de Convivencia. Aquí tedes unha pequena escolma dalgúns deles.

ATÍNALLE Á PANTASMA!!!

Cunha pequena cesta, un mantel e unha moedas pasámolo en grande no patio!!

Cada xogad@r tiña 3 moedas, desde unha distancia marcada tiñan que intentar introducir as moedas no cesto da pantasma, se o conseguían recompensábaselle con outras 2 moedas, se quedaban dentro do mantel dábaselle 1 e se caía fóra non se lle daba ningunha máis.






EQUILIBRISTAS DE CASTAÑAS!!!

Desta vez uns pratos de cartón e unhas castañas foron os protagonistas, o xogo consistía en que cada xogad@r debía levar un prato cunha castaña dentro nas costas e intentar tranportalo dunha liña a outra marcada previamente. 





TIRA A CASTAÑA!!

Outro xogo no que a castaña foi a protagonista, @s xogador@s debían lanzar unha castaña para poder introducila na boca dun famento ratiño, pasámolo en grande!!!



COIDADO CO GLOBO!!

Asegurando diversión cuns cantos globos!! Mirade, mirade...👀

Despois de inchar uns cantos globos xogamos a tres xogos diferentes:

1º. @s xogador@s non podían permitir que o globo tocáse o chan polo que tiñan que estar moi atent@s
 e darlle toquiños para mantelo suspendido no aire.






2º. desta vez o globo tiña unha pequena trampa 😈 dentro tiña unha bóla que facía imposible controlalo para poder tirar unha pequena torre de botes.









3º. Agora a dificultade residía en manter un globo entre as pernas d@s xogador@s mentres se facían cóxegas entre eles e elas, ao que lle escapase o globo ou lle rebentase quedaba eliminad@.🎈









CARREIRA DE SACOS!!!

Cuns sacos, creatividade para decoralos e con moita pericia só quedaba saltar a ver quen chegaba antes!!




TIRANDO  BOLOS!!

aproveitouse material de refugallo para tirar unha partida aos bolos, mirade 👀que chulos quedaron e que ben o pasamos!!




ASUSTANDO AO CORONAVIRUS

Este Samaín, no cole quixemos espantar ao coronavirus. É por isto que decidimos poñer caras de medo para que fuxa e deixe de estar entre nós!!


Fuxe coronavirus

e devólvenos a nosa liberdade.

As nenas e nenos do CEIP Xesús San Luís Romero

queremos aprender, xogar e vivir con máis tranquilidade.


Bo Samaín!!

CONTO COA TÚA EMOCIÓN: O MEDO

En 6.º de Educación Infantil aproveitamos estes días de Samaín para falar do medo!! Para iso analizamos en profundidade unha imaxe do pintor Gustav Courbet.


Sentados e sentadas en círculo, contemplamos en silencio e con moita atención a escena.



Despois de analizala lanzamos as seguintes preguntas para reflexionar: 

QUE ESTÁ PASANDO?
As respostas non se fixeron de rogar e comezaron a saír:

- "Ten raias na cara e está calado"
- "Ten medo, quérenlle atacar"
- "Caeu por un barranco e levou un susto"
- "Quérenlle arrincar os pelos"
- "Queríanlle arrincar os pelos e el non lle deixa"
- "Levou un susto porque case cae"
- "Queríanlle facer un experimento e quitarlle o pelo"
- "Levou un susto porque case cae por un burato e a policía quería atropellalo"
- "Intentaron cortarlle os brazos, non vedes unha mancha vermella na camisa?"

COMO PENSADES QUE ESTÁ?
A maioría contestaron que lle parecía que estaba moi asustado e a outr@s pareceulle que estaba triste. 

QUE PENSADES QUE PASOU INMEDIATAMENTE DESPOIS DE CAPTAR ESTA IMAXE?
- "Que o atraparon"
- "Súa nai cortoulle o pelo, aínda que el non quería"
- "Que o mataron cun coitelo"
- "Que o mataron os policías" 
- "Pintou sen querer co lápis nalgún sitio e chamaron á policía"
- "Un monstro intentou comelo, ou un dinosaurio"

COMO TITULARÍADES O CADRO?
- "Hugo"
- "O home cabra"
- "O home que ten medo"
- "Bruno"
- "Peluso"
- "Artística"
- "O home pantasma"
- "Vai de flores"
- "Cacito"

E VÓS ... A QUE LLE TEDES MEDO?
- Aos morcegos
- Aos monstros que viven debaixo da cama
- Aos pallasos
- Aos disfrazados
- A nada
- Aos elefantes...

PROBAMOS A POÑER A CARA COMA O PROTAGONISTA DA IMAXE??


DESPOIS QUIXÉMOLO DEBUXAR:


Estou encantado de ver como traballan estes peques, que marabilla!! Moitas grazas pola vosa aportación, parabéns!!

martes, 27 de outubro de 2020

CONTOS E CANCIÓNS DO SAMAÍN

Amiguiños e amiguiñas... teño algo que contarvos e non sei ben como comezar 😰😰 levo uns días escoitando no cole uns sons un tanto extraños. Cada vez que saio da biblioteca para averiguar onde soan, semellan oirse para a zona da entrada do cole... Entón achégome sen facer case ruído pero, misteriosamente, deixa de escoitarse!!!!

Non sei se vós poderiades axudarme a averiguar que cancións son... Fixádevos nesta imaxe que capturei. Hai uns números misteriosos que apareceron estes días. Serán pistas para dar con eses sons que escoito?? Estou seguro de que me ides botar unha man. Moitas grazas a todos e a todas!!


Quedo máis tranquilo agora que averiguamos que son cancións do Samaín e o outono!! Que alivio tan grande 😅 Fixástesvos que na árbore da entrada do colexio hai un montón de libros sobre esta temática?? Por se vos apetece escoitar algúns deles, déixovolos en formato dixital. Gozade da súa escoita 👂👂


Bicos de cabaza 🎃 con ruídos de caveiras e pantasmas 💀👻

xoves, 22 de outubro de 2020

MATERIAS SOBRE O SAMAÍN

Ba tarde!! Como estades lectores e lectoras? No colexio xa temos decorada a entrada con motivos do Samaín e o outono. Queredes vela? 👀 Aí vai unha foto 📷


Agora déixovos unhas propostas para traballar en Educación Infantil e Primaria e que foron elaboradas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega.


Un saúdo,
Fidalgo.

mércores, 21 de outubro de 2020

A ORIXE DO SAMAÍN

Bo día!! No colexio xa estamos mans á obra coa preparación da festa do Samaín 💀👻🎃 Este curso vai ser unha celebración atípica pero non por iso menos especial. Arrincamos cun pouco de información sobre a orixe desta festividade.

Estade atentos que seguirei publicando cousiñas sobre a temática!! E recordade LER SEN MEDO 📚 

Un saúdo terrorífico,

Fidalgo.