Amosando publicacións coa etiqueta Argallando con Fidalgo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Argallando con Fidalgo. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Bo día a todos e a todas! Dende o luns 19 ao venres 23 de abril celébrase a Semana do Libro e gustaríame propoñervos diferentes actividades para estes días. Animádesvos a participar? Estou seguro de que si 😀

📕 Lecturas no patio. Todos os nenos e nenas do colexio poderedes traer unha pequena manta ou toalla para sentarvos/deitarvos no patio e gozar da lectura. Nas diferentes zonas de recreo, haberá unhas mesas con diferentes propostas de lecturas para que escollades aquelas que desexedes.

📗 Contacontos para todos os nenos e nenas do colexio.

📘 Concursos:

  • O alumnado de 3.º e 4.º de Educación Primaria elaboraredes un cartel para anunciar o Día do Libro. Nel incluiranse datos importantes como: Semana do Libro e a data na que se celebra. O resto correrá a cargo da vosa imaxinación e creatividade.
  • O alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria fará un concurso de marcapáxinas de decoración libre, incluíndo datos importantes como: Semana do Libro ou a data na que se celebra. A parte plástica correspóndevos a vós, artistas!!

📙 Obradoiro de marcapáxinas para as nenas e nenos de Educación Infantil, 1.º e 2.º de Educación Primaria. Cada aula tedes asignada unha hora para ir á biblioteca, onde estará preparado todo o material para o obradoiro.

📕 Book-selfie: ao longo da semana, aqueles nenos e nenas que queiran, farán unha foto co seu libro favorito.

📗 Booktubers: ao longo da semana, de xeito voluntario, faredes vídeos recomendando o voso libro favorito.

E ata aquí as propostas para a Semana do Libro. Agardo que vos gusten e que participedes e gocedes moito con elas!! Coma sempre, estarei encantado de recibir as vosas fotografías e vídeos 📷

Unha aperta virtual,



martes, 16 de xuño de 2020

AQUELATORIO MAKER

Bo día raparigos e raparigas!! Apetécevos unha actividade maker? Pois vouvos deixar un vídeo 📷 onde veredes como construír un foguete de auga. Animádesvos? Pode ser un xogo entretido para o verán 🌞



Moito ánimo argalleiros!! Un saúdo,
Fidalgo.





martes, 5 de maio de 2020

PEQUENOS ENXEÑEIROS/AS

Bo día a todos e a todas e bo mes de maio 😊 A última vez que andiven por aquí era abril e agora... xa é maio!! Agardo que esteades todos e todas ben, que esteades a aproveitar os paseos pero sen esquecervos de tomar as medidas de seguridade que corresponden.

Hoxe tráiovos unha proposta que seguro vos vai gustar. Ídesvos converter en enxeñeiros/as 😉

Que precisades?
  • Depresores.
  • Cubos de madeira ou pezas de calquera outro tipo.
  • Vasos de plástico.

Que ides facer? Realizar diferentes construcións empregando os materiais propostos. Velaquí tedes os diferentes desafíos:

DESAFÍO 1. Construír unha estrutira cun cubo como base.

DESAFÍO 2. Construír a estrutura máis alta posible.

DESAFÍO 3. Fai unha estrutura con algún elemento que sobresaia. Intentade manter o equilibrio!

DESAFÍO 4. Construír unha estrutura cun vaso de plástico como base.


En marcha pequenos enxeñeiros/as😀😁

Un saúdo,
Fidalgo.