Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuarios. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de outubro de 2024

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIO

Este curso o equipo de biblioteca levou a cabo xornadas de formación de usuarios na biblioteca. Despois de visualizar xuntos o Genially sobre a nosa biblioteca levamos a cabo un xogo de busca de tesoro. Para iso elaboramos unhas fichas con pictogramas para que sexa accesible a todo o alumnado do centro. A continuación deixámosvos as fichas que elaboramos para o xogo e algunhas fotos da actividade. Pasámolo xenial aprendendo a buscar e encontrar os libros na nosa biblioteca!
Saber e practicar de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

Compartimos con vós as nosas fichas de reto:
Para educación infantil:


Para 1º ciclo de educación primaria:


Para 2º ciclo de educación primaria:


Para 3º ciclo de educación primaria:

NOVO CURSO: COMEZAMOS CON GANAS!

Benqueridos nenos e nenas! 
Son Fidalgo e estou encantado de estar un ano máis con vós. Este curso xa temos a biblioteca lista pero ao longo do curso iremos facendo melloras e espero que colaboredes comigo. 
Para empezar preparei xunto coas responsables da biblioteca esta presentación para que aprendades a buscar mellor os libros na biblioteca. Tamén organizamos sesións de formación para os colaborades e o alumnado de todos os cursos para practicar. 
A continuación déixovos a presentación e algunhas fotografías de cando visitastes a biblioteca. 
Recordade tamén que se queredes buscar un libro podedes tamén facelo a través do seguinte enlace: