Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
luns, 15 de xuño de 2026
PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA" OBXECTIVO 15 ODS: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
xoves, 11 de xuño de 2026
RECOMENDACIÓN LECTORA
Queremos recomendarvos dende o noso club de lectura (Dragóns Lectores) o libro de Érica Esmorís: Esta é a miña historia e terás que crela.
Pulsando na imaxe do libro escoitaredes un podcast para coñecer un pouco máis do libro e para animarvos a que vos entren as ganas de lelo!
xoves, 28 de maio de 2026
XA TEMOS RADIO NO NOSO CENTRO!!!
Durante este curso instalamos unha radio no noso centro escolar grazas á dotación de materiais de Polos creativos e as mestras do centro estivemos formándonos para aprender a usala.
Ao longo destas últimas semanas por fin puidemos gravar co alumnado.
Foi unha experiencia fantástica que queremos compartir con todos vós.
Pinchando nas fotos que aparecen a continuación poderedes escoitar os nosos podcasts.
Alumnado de 4º de educación infantil: QUE FAREMOS NAS VACACIÓNS?
Alumnado de 1º de educación primaria: COÑECE MÁIS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.
Alumnado de 4º de educación primaria: QUE SON AS ENFERMIDADES TROPICAIS DESATENDIDAS.
Alumnado de 6º de educación primaria: DESPEDIDA.
https://drive.google.com/file/d/1zC8JiVkRuN_9aABoYODd1FUvHiGgjLLD/view?usp=drive_link
luns, 25 de maio de 2026
TRABALLO POR PROXECTOS AO LONGO DO CURSO
Ao longo do curso, o profesorado aproveitou os recursos que lle brinda a biblioteca para levar a cabo proxectos de investigación co seu alumnado.
A continuación queremos compartir con vós algunhas das actividades que realizaron.
Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!!!
mércores, 6 de maio de 2026
INTERCAMBIO DE CARTAS ENTRE CENTROS
Durante este curso o alumnado de 3º e 4º de educación primaria intercambiaron cartas co alumnado de 3º de educación primaria do CEIP Wenceslao Fernández Flores.
Comezaron no mes de decembro mandándose postais para felicitarse as festas e seguiron ao longo do curso.
É unha actividade fantástica para mellorar a súa expresión escrita á par que coñezan novos compañeiros doutro centro.
xoves, 23 de abril de 2026
SALÓN DO LIBRO
Con motivo da celebración da Semana do Libro, o concello de Carballo, como cada ano invita aos distintos centros a participar nunha exposición conxunta na biblioteca Rego da Balsa.
Esta ano a temática era a música e tradición. Nós decidimos participar inspirándonos nos poemas e recitados populares recollidos no libro "Eu ben vin, virivín" de Manuel Rico Verea.
O noso alumnado aprendeu diferentes cancións e gravou a súa recitación.
Na exposición podíase ter acceso a elas a través de códigos QR que estaban dispostos sobre un "banco libro".
Deixámosvos cunhas fotos da exposición e os códigos QR para que escoitedes e, esperemos, aprendades estes recitados da nosa cultura.
venres, 10 de abril de 2026
PREMIO DE TRABALLO POR PROXECTOS
O noso centro está de en hora boa porque foi premiado no XI Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.
É un proxecto conxunto titulado "Non sempre se pace onde se nace"; levado a cabo entre a aula de 5º de EI do noso centro e a aula de 4º de EP do CEIP Canosa-Rus. Resultaron gañadores na categoría intercentros.
O fío condutor foi a historia de Maruxa e Coralia, dúas mulleres inmigrantes que chegaron de América a Galicia en busca de novas oportunidades. Se queredes saber máis, podedes ver as actividades levadas a cabo aquí.
O pasado venres 10 de abril tivemos a honra de asistir á gala de entrega de premios na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
A nosa máis sincera felicitación ás dúas mestras responsables de desenvolver e levar a cabo o proxecto.
xoves, 9 de abril de 2026
VISITA DA AUTORA MARÍA CANOSA
O día 9 de abril tivemos a gran sorte de que nos viñera visitar a autora María Canosa para falar cos alumnos e alumnas de 2º e 3º de educación primaria sobre o seu libro "Cazadora de estrelas" que estiveron lendo este curso. Durante a visita puideron compartir con ela as impresións, opinións e preguntas sobre a obra.
Moitísimas grazas a María Canosa por visitarnos e compartir con nós esa mañá!
mércores, 8 de abril de 2026
PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA" OBXECTIVO 16 ODS: PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS.
Seguindo co noso proxecto, neste trimestre Fidalgo invitounos a descubrir o obxectivo 16 que pretende promover sociedades pacíficas e inclusivas, facilitar o acceso á xustiza para toda a poboación e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveles. As personas de todo o mundo deben vivir libres do medo a cualquera forma de violencia e sentirse seguras no seu día a día, sexa cal sexa a súa orixe étnico, relixión ou orientación sexual.
Ao igual que no primeiro trimestre repartimos entre os distintos ciclos as diferentes metas que abarca o obxectivo:
EI e 1º ciclo de EP: Os dereitos dos nenos
2º ciclo: As votacións
3º ciclo: Os refuxiados
O traballo que se levou a cabo realizouse utilizando, entre outras fontes, libros que a biblioteca mercou para desenvolver o proxecto.
Votacións en clase usando o carné de biblioteca:
sábado, 21 de marzo de 2026
DÍA DA POESÍA EDLG
Outro ano máis o EDLG do noso centro propuxo os distintos cursos crear distintos tipos de poemas: pareados, caligramas, haikus e poemas quebra_ósos.
O día da poesía tamén é o día da árbore polo que colgaron as creacións literarias nas árbores da contorna do noso centro escolar.
Pulsando na seguinte imaxes poderedes acceder á entrada ao seu blog e ler e admirar os poemas inventados.
xoves, 5 de marzo de 2026
RECEITAS DE ENTROIDO EDLG
Grazas ao EDLG do noso centro, para o Entroido os diferentes cursos de educación infantil e educación primaria elaboraron receitas típicas desta época e propias tamén da nosa cultura.
Deixámosvos o enlace á publicación:
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2026/03/receitas-de-entroido.html
luns, 23 de febreiro de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Para o día de Rosalía, o EDLG do noso centro propúxonos inventar uns versos a partir de palabras que Rosalía de Castro usou nos seus poemas para crear cancións. Cada clase inventou a súa estrofa e despois a partir delas e empregando a app Suno de intelixencia artificial, crearon as cancións.
Deixámosvos o enlace á publicación das cancións:
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa%20de%20Castro
venres, 30 de xaneiro de 2026
LECTURAS COMPARTIDAS PARA A PAZ
No día Escolar da Non Violencia e da Paz disfrutamos un montón con lecturas compartidas para a Paz.Ollade e veredes.!!!
luns, 26 de xaneiro de 2026
CURTAS POLA PAZ
Con motivo da efeméride do Día da Paz de da non Violencia, decidimos reflexionar sobre como podemos actuar no noso día a día para mellorar a convivencia. Para iso proxectamos cada día unha curta na biblioteca durante o recreo para despois falar e opinar sobre o que visionamos.
Foi moi enriquecedor!!!
Deixámosvos o cartel e o enlace ás curtas para que vós temén poidades velas e pensar en como a paz se constrúe día a día con pequenos xestos que fan que cambie o mundo.
martes, 20 de xaneiro de 2026
PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA": OBXECTIVO 3 ODS: SAÚDE E BENESTAR
Grazas a este proxecto pretendemos formar ao noso alumnado para unha participación activa e comprometida coa sociedade complexa nas que nos toca vivir.
O primeiro obxectivo dos obxectivos de Desenvolvemento Sostible que traballamos este curso é o número 3: Saúde e Benestar.
martes, 13 de xaneiro de 2026
TALLER DE REGUEIFA
O 13 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participaron nun taller de regueifa impartido por LUPE BLANCO e que nos foi ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Carballo.
Grazas a el aprenderon a gozar da arte da improvisación oral.
Moitísimas grazas ao concello de Carballo e a Lupe Blanco para compartir con nós a súa arte!
























.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

















