Amosando publicacións coa etiqueta PDI "Conto coa túa emoción". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI "Conto coa túa emoción". Amosar todas as publicacións

martes, 30 de marzo de 2021

REMATAMOS A SEMANA EMOCIONANTE

Esta semana, desenvolvemos a SEMANA EMOCIONANTE 😀😂😌😍😓😖😡😨😵 onde levamos a cabo numerosas actividades e xogos de educación emocional. Queredes ver como se implicaron os nosos nenos e nenas?


Un saúdo para todas e todos e boas vacacións. Coidádevos moito!!



xoves, 4 de febreiro de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Benvidos e benvidas a esta publicación sobre a celebración do Día Escolar da non Violencia e a Paz. Comezo por amosarvos as recomendacións lectoras sobre esta temática 📚☮️



Como sabedes, este ano, dedicámoslle a semana do 25 ao 29 de xaneiro, traballando cada día sobre un reto que vos propoñía en forma de código QR.


Queredes ver como desenvolveron os retos as nenas e nenos das demais aulas do colexio?? Velaquí vos deixamos vídeos e fotos 📷

4.º EDUCACIÓN INFANTIL

5.º EDUCACIÓN INFANTIL







6.º EDUCACIÓN INFANTIL












1.º EDUCACIÓN PRIMARIA


2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ç

3.º EDUCACIÓN PRIMARIA



4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

5.º EDUCACIÓN PRIMARIA





6.º EDUCACIÓN PRIMARIA


E agora déixovos as fotos que todos e todas fixemos diante do MURO DA PAZ  figurando, en cada ladrillo, a palabra paz en diferentes idiomas.

Moitas grazas pola vosa participación e implicación,


xoves, 19 de novembro de 2020

O RECUNCHO DA CALMA DE 1.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Que ledo estou!! Acabo de recibir outra aportación, desta volta das nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria 😀 Queren compartir con todos nós como teñen organizado o recuncho da calma, os materiais do que dispoñen, explícannos como e cando usalo... Mirade mirade, está xenial 👏👏


Moitas grazas!! 😀😀 Seguro que máis nenas e nenos collerán a idea e crearán tamén un recuncho coma o voso.

Un bico ben grande, 


sábado, 14 de novembro de 2020

AS EMOCIÓNS CO CONTO "O MONSTRO DE CORES"

Que grata sorpresa de sábado!! 😀😍 Os nenos e nena de 3 anos fixéronme chegar a súa primeira aportación para o PDI "Conto coa túa emoción". Logo de traballar co conto O monstro de cores, fixeron un pequeno vídeo con fotos das súas cariñas expresando alegría, rabia, tristeza, medo e calma. Podedes velo a continuación 👀


Moitas grazas pola vosa aportación e parabéns polo traballo 👏👏

Boa fin de semana,


domingo, 1 de novembro de 2020

MÁSCARAS TERRORÍFICAS E MEDOS FÓRA

Estes días xa vos fun ensinando un poquiño do ambiente de Samaín do cole pero tamén houbo outras actividades ben interesantes.

🎃Decorar máscaras terroríficas.

🎃Facer unha grilanda con símbolos de Samaín: pantasmas, gorros de bruxa, gatos, cabazas, caveiras... En cada un destes debuxos, as nenas e nenos escribiron/debuxaron unha cousa á que lle tiñan medo. Con isto fixemos grilandas, colgámolas por fóra das ventás e... medos fóra!!!

Agora déixovos un vídeo para que comprobedes canto traballan os nenos e nenas do noso cole.


Este Samaín dounos para traballar moito sobre o medo, unha emoción que moitas veces sentimos e unha das moitas que imos traballar no Proxecto Documental Integrado deste curso que se titula "Conto coa túa emoción". Xa temos creada unha etiqueta con este nome; pinchando nela atoparedes todas as actividades que imos realizando sobre esta temática.

Un saúdo,

venres, 30 de outubro de 2020

ASUSTANDO AO CORONAVIRUS

Este Samaín, no cole quixemos espantar ao coronavirus. É por isto que decidimos poñer caras de medo para que fuxa e deixe de estar entre nós!!


Fuxe coronavirus

e devólvenos a nosa liberdade.

As nenas e nenos do CEIP Xesús San Luís Romero

queremos aprender, xogar e vivir con máis tranquilidade.


Bo Samaín!!

CONTO COA TÚA EMOCIÓN: O MEDO

En 6.º de Educación Infantil aproveitamos estes días de Samaín para falar do medo!! Para iso analizamos en profundidade unha imaxe do pintor Gustav Courbet.


Sentados e sentadas en círculo, contemplamos en silencio e con moita atención a escena.



Despois de analizala lanzamos as seguintes preguntas para reflexionar: 

QUE ESTÁ PASANDO?
As respostas non se fixeron de rogar e comezaron a saír:

- "Ten raias na cara e está calado"
- "Ten medo, quérenlle atacar"
- "Caeu por un barranco e levou un susto"
- "Quérenlle arrincar os pelos"
- "Queríanlle arrincar os pelos e el non lle deixa"
- "Levou un susto porque case cae"
- "Queríanlle facer un experimento e quitarlle o pelo"
- "Levou un susto porque case cae por un burato e a policía quería atropellalo"
- "Intentaron cortarlle os brazos, non vedes unha mancha vermella na camisa?"

COMO PENSADES QUE ESTÁ?
A maioría contestaron que lle parecía que estaba moi asustado e a outr@s pareceulle que estaba triste. 

QUE PENSADES QUE PASOU INMEDIATAMENTE DESPOIS DE CAPTAR ESTA IMAXE?
- "Que o atraparon"
- "Súa nai cortoulle o pelo, aínda que el non quería"
- "Que o mataron cun coitelo"
- "Que o mataron os policías" 
- "Pintou sen querer co lápis nalgún sitio e chamaron á policía"
- "Un monstro intentou comelo, ou un dinosaurio"

COMO TITULARÍADES O CADRO?
- "Hugo"
- "O home cabra"
- "O home que ten medo"
- "Bruno"
- "Peluso"
- "Artística"
- "O home pantasma"
- "Vai de flores"
- "Cacito"

E VÓS ... A QUE LLE TEDES MEDO?
- Aos morcegos
- Aos monstros que viven debaixo da cama
- Aos pallasos
- Aos disfrazados
- A nada
- Aos elefantes...

PROBAMOS A POÑER A CARA COMA O PROTAGONISTA DA IMAXE??


DESPOIS QUIXÉMOLO DEBUXAR:


Estou encantado de ver como traballan estes peques, que marabilla!! Moitas grazas pola vosa aportación, parabéns!!