xoves, 23 de abril de 2026

SALÓN DO LIBRO

Con motivo da celebración da Semana do Libro, o concello de Carballo, como cada ano invita aos distintos centros a participar nunha exposición conxunta na biblioteca Rego da Balsa. 

Esta ano a temática era a música e tradición. Nós decidimos participar inspirándonos nos poemas e recitados populares recollidos no libro "Eu ben vin, virivín"  de Manuel Rico Verea.


O noso alumnado aprendeu diferentes cancións e gravou a súa recitación.

Na exposición podíase ter acceso a elas a través de códigos QR que estaban dispostos sobre un "banco libro". 

Deixámosvos cunhas fotos da exposición e os códigos QR para que escoitedes e, esperemos, aprendades estes recitados da nosa cultura.

    
                                                                



Durante a semana do libro de Carballo, o concello ofertou aos cursos de de 6ºEI, 1ºEP, 3ºEP e 5ºEP varias actividades como son asistencia a obras de teatro, visita á exposición do salón do libro e un taller de imprenta.
   






venres, 10 de abril de 2026

PREMIO DE TRABALLO POR PROXECTOS

 O noso centro está de en hora boa porque foi premiado no XI Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.

É un proxecto conxunto titulado "Non sempre se pace onde se nace"; levado a cabo entre  a aula de 5º de EI do noso centro e a aula de 4º de EP do CEIP Canosa-Rus. Resultaron gañadores na categoría intercentros.

O fío condutor foi a historia de Maruxa e Coralia, dúas mulleres inmigrantes que chegaron de América a Galicia en busca de novas oportunidades. Se queredes saber máis, podedes ver as actividades levadas a cabo aquí.

O pasado venres 10 de abril tivemos a honra de asistir á gala de entrega de premios na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

A nosa máis sincera felicitación ás dúas mestras responsables de desenvolver e levar a cabo o proxecto.




xoves, 9 de abril de 2026

VISITA DA AUTORA MARÍA CANOSA

 O día 9 de abril tivemos a gran sorte de que nos viñera visitar a autora María Canosa para falar cos alumnos e alumnas de 2º e 3º de educación primaria sobre o seu libro "Cazadora de estrelas" que estiveron lendo este curso. Durante a visita puideron compartir con ela as impresións, opinións e preguntas sobre a obra. 



Moitísimas grazas a María Canosa por visitarnos e compartir con nós esa mañá!







mércores, 8 de abril de 2026

PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA" OBXECTIVO 16 ODS: PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS.

 

Seguindo co noso proxecto, neste trimestre Fidalgo invitounos a descubrir o obxectivo 16 que pretende promover sociedades pacíficas e inclusivas, facilitar o acceso á xustiza para toda a poboación e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveles. As personas de todo o mundo deben vivir libres do medo a cualquera forma de violencia e sentirse seguras no seu día a día, sexa cal sexa a súa orixe étnico, relixión ou orientación sexual.

Ao igual que no primeiro trimestre repartimos entre os distintos ciclos as diferentes metas que abarca o obxectivo:

EI e 1º ciclo de EP: Os dereitos dos nenos

2º ciclo: As votacións 

3º ciclo: Os refuxiados

O traballo que se levou a cabo realizouse utilizando, entre outras fontes,  libros que a biblioteca mercou para desenvolver o proxecto.




 Votacións en clase usando o carné de biblioteca:

A TÚA VOZ IMPORTA de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO