O noso centro está de en hora boa porque foi premiado no XI Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.
É un proxecto conxunto titulado "Non sempre se pace onde se nace"; levado a cabo entre a aula de 5º de EI do noso centro e a aula de 4º de EP do CEIP Canosa-Rus. Resultaron gañadores na categoría intercentros.
O fío condutor foi a historia de Maruxa e Coralia, dúas mulleres inmigrantes que chegaron de América a Galicia en busca de novas oportunidades. Se queredes saber máis, podedes ver as actividades levadas a cabo aquí.
O pasado venres 10 de abril tivemos a honra de asistir á gala de entrega de premios na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
A nosa máis sincera felicitación ás dúas mestras responsables de desenvolver e levar a cabo o proxecto.


Ningún comentario:
Publicar un comentario