domingo, 18 de decembro de 2016

PARABÉNS

A Jasmin Gomes Fernandes, de 5º de Educación Infantil, por gañar un premio no concurso de Postal e Cartel de Nadal do Concello, e a Nicoleta Rozália Varga, de 4º nivel de Educación Primaria, por gañar un premio no concurso Contos de Nadal de A Voz de Galicia co conto "O Nadal de Lois". Felicitámolas e animamos a todos e todas a participar nos vindeiros concursos que se convoquen.

domingo, 27 de novembro de 2016

Con Manuel María no Pazo da Cultura

O alumnado de quinto e cuarto nivel disfrutaron dunha sesión de contacontos no Pazo da Cultura.
Tratábase dun conto a partir de tres textos de Manuel María: as obras de teatro Barriga Verde, para monicreques, as Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela e os poemas de Os Soños na Gaiola.
A trama baséase na historia de amor entre Fiz e Catuxa, dous rapaces galegos, que coa axuda de Barriga Verde, superarán todas as trabas e probas que Brouxán o leñador e o Demos lles poñan. Barriga Verde soluciona os conflitos non con violencia, senón con enxeño e maxia.



venres, 4 de novembro de 2016

Concurso para escoller MASCOTA

Fixemos un concurso para escoller a mascota da nosa biblioteca.
Resultou gañador Abdullah Awan, que nos amosa orgulloso o seu traballo.

Pero houbo moitos e bos participantes no concurso.
Aquí os tedes

domingo, 30 de outubro de 2016

BIBLIOTECAS DE AULA

Como temos a biblioteca do colexio en obras, empezamos o curso co préstamo dende as aulas. Aproveitamos o día das bibliotecas para recoller cada grupo a nosa caixa de libros, que servirá para facer os empréstitos ata que teñamos a punto a Biblioteca do colexio.
Tamén os nenos e nenas maiores leron libros de contos aos máis pequen@s.

24 de outubro, día das bibliotecas

Non se nos ocurre mellor cousa que inaugurar o noso blog o día das bibliotecas escolares, o día 24 de novembro.
Neste lugar intentaremos amosar a nosa actividade e dotar de recursos variados a alumnado e familias do noso colexio. Benvid@s ao noso blog. Esperamos a vosa participación.