sábado, 18 de maio de 2019

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO


CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2019

Pareceunos un bo xeito de lembrar ao neno Antonio Fraguas, facer algo que el facía en Insuela, a aldea onde se criou.
Alí aprendía coplas de Antonia, a muller que trabllaba na súa casa, e comía broa e caldo, o que había naqueles tempos.
Andábanos na cabeza como era iso da broa, así que trouxemos unha ben boa, e probámola con chocolate.
Iso sí, antes había que ler unha copla das recollidas por Antonio Fraguas.
Tamén nos deron varios agasallos, un minilibro coa vida de Antonio Fraguas, un marcapáxinas e unha regra cos carteis gañadores.