luns, 28 de outubro de 2019

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Hecho con Padlet

DECORACIÓN DE CABAZAS. SAMAÍN 2019

Moi difícil o vai ter o xurado para dar o premio ás cabazas máis terroríficas deste curso. Bótalle unha ollada neste vídeo.

Exposición de libros de medo polo Samaín

Estes días tivemos unha exposición de libros moi chulos, sobre meigas, esqueletos, vampiros,...etc, Aproveitamos a hora de ler para poder botarlles unha ollada e ir pensando os que imos levar emprestados cando remate o Samaín.

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Aproveitamos este día para facer actividades de formación de usuari@s por medio da robótica, facendo legos, ...e moito máis.

martes, 22 de outubro de 2019

Algúns recunchos da biblioteca

O das novidades
o maker space



e o da pintura

FORMACIÓN DE USUARI@S

Guía de usuari@s da Bibliosanluís

Guia de Usuarios Biblioteca by Equipo Biblioteca on Scribd

FORMACIÓN DE COLABORADOR@S

O alumnado colaborador de sexto do curso pasado xa está no instituto, así que precisamos novo alumnado. Por iso o primeiro é formalo. Ten unha función moi importante, ten que coñecer moi ben a biblioteca e as súas normas, porque grazas a este alumnado podemos ir tan a miudo.





Colaboración con Aloumiños

Comeza un curso máis o programa Cadelar, no que na nosa biblioteca algún alumnado fai terapia coa nosa querida Luva.



sábado, 12 de outubro de 2019

Benvid@s ao novo curso

Comezou un novo curso, e despois dunhas primeiras semanas en que nos dedicamos a cambiar o aspecto da nosa Biblioteca, mesmo a ubicación da zona de Infantil, invitámosvos a visitarnos canto antes, xa comezou o empréstito e agárdanvos moitas novidades.
Este curso continuaremos Zoqueando por Carballo, pero tamén imos desenvolver o proxecto a prol da Igualdade que foi  premiado pola Deputación da Coruña no 2019.
Esperámosvos con moitas sorpresas.


Custom Glitter Text