Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Amosar todas as publicacións

venres, 11 de marzo de 2022

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día a todos e a todas!! Que tal estades? O martes 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, traballando mulleres significativas dos proxectos que se levan a cabo en cada etapa: do circo en Educación Infantil e sobre o camiño dos faros en Educación Primaria.

Velaquí podedes ver como traballaron os nenos e nenas de todos os cursos de Educación Primaria. Recibiron caixas con códigos que debían descifrar para saber sobre quen ían investigar e elaboraron carteis informativos para colocar na exposición da entrada do colexio 😍


Agora podedes ver imaxes do alumnado de Educación Infantil e o producto final das súas investigacións😍

💜4.º Educación Infantil 💜

💜5.º Educación Infantil 💜


💜6.º Educación Infantil 💜

Parabéns por estes traballos tan marabillosos 💜 e moitas grazas ao Concello de Carballo polos agasallos para os nosos nenos e nenas 👏👏

Un bico,



luns, 7 de marzo de 2022

ANTONETTE CONCELLO

Dende a aula de 6.º de Educación Infantil queremos compartir con vós a muller traballada neste 8M.

PINITO DEL ORO

Para conmemorar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, as nenas e nenos de Educación Infantil van traballar a Pinito del Oro, unha muller representativa no mundo do circo.

Hoxe, dende a aula de 5.º de Educación Infantil quere compartir con todos nós a súa biografía 😊

Pronto teredes máis noticias das nenas e nenas desta aula, pois farán un vídeo informativo 😍

xoves, 3 de marzo de 2022

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Este ano, festexamos moito o Entroido!! Celebramos o xoves de compadres, o xoves de comadres e o venres 25 fixemos un gran desfile polas rúas próximas ao colexio. Como veredes, fomos disfrazados de simboloxía representativa dos nosos proxectos:

  • Paiasos e paiasas en Educación Infantil polo proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet".
  • Oleiros/as, percebes, fotógrafos/as, piratas, a danza dos arcos e pintores/as polo proxecto "O camiño dos faros" de Educación Primaria.

Que gusto da vervos a todos/as 😍 Grazas por compartir conmigo este vídeo.

TOMAS 5 E 6 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"

Hoxe, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil envíannos as tomas 5 e 6 do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Mirade que marabilla 😍

mércores, 2 de febreiro de 2022

UN AGASALLO PARA A ASOCIACIÓN GALICLOWN

O alumnado de Educación Infantil segue inmerso no seu proxecto anual titulado "Baixo a mesma carpa de crochet". Desta vez, relacionado coa temática do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, puxéronse en contacto coa asociación Galiclown, a quen quixeron facerlle uns agasallos para agradecerlle a súa gran labor 💕💖

Aula 6.º Educación Infantil

Aula 5.º Educación Infantil

Que boa iniciativa!! Canto entusiasmo se percibe detrás das vosas elaboracións 😍

Unha aperta virtual para todos e todas,



sábado, 11 de decembro de 2021

TOMAS 3 E 4 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" EN 6.ºEI

Na aula de 6.º de Educación Infantil, as nenas e nenos seguen traballando e aprendendo moito co proxecto de igualdade. Velaquí unha nova mostra 😊

TOMA 3

A partir dunha carta que lles enviou Sarela, traballaron sobre as escolas do circo en relación co dereito á educación polo Día Universal da Infancia.

TOMA 4

Relacionado co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, traballaron sobre o conto titulado El elefante encadenado. Chegaron á conclusión de que todo o mundo ten dereito a ser libre e romper con calquera estaca á que permaneza atado.

En base a isto, pensaron un final diferente a esta historia que seguro vos encantará 😍




Grazas polo voso traballo e parabéns 💓



martes, 9 de novembro de 2021

TOMAS 1 E 2 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" EN 6.ºEI

Bo día lectoras e lectores!! Que tal estades? Como levades os PDI? Moi silenciosamente estouvos observando e decátome de canto vos esforzades e do que gozades con todas as propostas 😍

Hoxe recibín unha grata sorpresa a través do correo electrónico!! As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil enviáronme as tomas 1 e 2 do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Queredes ver que bo traballo están a facer? Mirade, mirade 👀

Parabéns rapazas e rapaces 👏👏

Unha forte aperta,

venres, 29 de outubro de 2021

ACTIVIDADE "CIRCARTE" EN 5.º EI

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe recibín un vídeo moi especial 😀 Desta volta, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil realizaron a actividade "Circarte" do proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet". Con ela estiveron a reflexionar sobre quen realizaba determinadas labores dentro do circo. Queredes velo? 👀

Moitos parabéns polo voso traballo 👏 

Un bico ben forte, 



mércores, 13 de outubro de 2021

ARRINCA O PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"

Lectoras e lectores, lembrades que o curso pasado resultamos gañadores/as da VII Convocatoria Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero co proxecto titulado Baixo a mesma carpa de crochet na categoría de Educación Infantil? 👏👏 Por este motivo, ao longo de todo o curso, os máis pequenos e pequenas do colexio van levar a cabo as súas actividades e compartiranas con todos nós.

Este proxecto trata sobre o circo e con el traballarase sobre a igualdade de xénero. Para poñervos en situación, déixovos un anaquiño da xustificación do proxecto.


“Entendí entonces por qué el enorme y poderoso elefante que yo veía en el circo se quedaba encadenado: él estaba convencido de que nunca podría liberarse de su estaca. El pobre animal tenía el fracaso grabado en su memoria de elefante y jamás, jamás, había vuelto a poner a prueba su fuerza...”.

Este fragmento do marabilloso libro de Jorge Bucay El elefante encadenado fainos pensar nesa estaca que, ao longo dos anos, fixo que a igualdade de xénero non avanzase como quixeramos, unha estaca da que custa liberarse xa que foi pasando de xeración en xeración.

Do mesmo xeito, fainos reflexionar sobre a situación dunha persoa que pode ser vítima de violencia de xénero. Moitas veces por desgraza aínda temos que escoitar nalgunhas conversas iso de: -E se lle pega, porque non marcha? Quizais a situación do elefante encadeado nos pode dar algunha resposta: tenía el fracaso grabado en su memoria.

Con todo isto, podemos ver como os estereotipos de xénero que as nenas e nenos viven dende idades temperás, poden marcar a súa vida adulta. Dado que o noso alumnado está nesta etapa, intentaremos crochetear os fíos necesarios para axudarlles a que a equidade de xénero e o respecto á diversidade forme parte das súas vidas.

Decantámonos por este tema porque nestes tempos de pandemia, o nerviosismo está presente en nós, tanto no alumnado como nas familias e no profesorado. Consideramos que a diversión que pode aportar o tema do circo faría máis levadeira esta situación na que os protocolos condicionan tanto o noso xeito de vivir. Pretendemos que o único efecto secundario que teña todo isto sexan sorrisos e poñer en valor o traballo dos pallasos e pallasas que animan nos hospitais.

Todo isto lévanos a facer unha reflexión sobre o circo: Como un mundo que gusta tanto aos nenos e nenas e cala tan fondo neles/as está tan marcado por estereotipos?

Rematamos cun parágrafo de Jorde Bucay que di: “Todos/as somos un poco como el elefante del circo: vamos por el mundo atados a cientos de estacas que nos restan libertad. Vivimos pensando que no podemos hacer montones de cosas, simplemente porque una vez, hace tiempo, cuando éramos pequeños/as, lo intentamos y no lo conseguimos. Hicimos entonces lo mismo que el elefante, y grabamos en nuestra memoria este mensaje: No puedo, no puedo y nunca podré. Hemos crecido llevando ese mensaje que nos impusimos a nosotros/as mismos/as y por eso nunca más volvimos a intentar liberarnos de la estaca. Cuando, a veces, sentimos los grilletes y hacemos sonar las cadenas, miramos de reojo la estaca y pensamos: No puedo y nunca podré”.

E isto é o que non queremos para as nosas nenas e nenos.


Agora, ollade este vídeo para ver como comezaron na aula de 5.º de Educación Infantil o proxecto.

Moitas grazas pola vosa implicación e ilusión. Parabéns por un comezo tan emocionante!!! 😍

Un bico virtual,