Queremos agradecer o agasallo que recibimos por parte do concello de Carballo para Nadal: un lote de libros fantásticos que agora formaran parte do noso catálogo.
Moitísimas grazas!
Queremos agradecer o agasallo que recibimos por parte do concello de Carballo para Nadal: un lote de libros fantásticos que agora formaran parte do noso catálogo.
Moitísimas grazas!
Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal.
Moi boas festas e feliz lecturas!
Este curso para concienciar sobre a eliminación da violencia contra a muller, os diferentes cursos estivemos lendo o conto de "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa" de Estela Moreno Bermúdez.
Finalmente o alumnado de 4º de educación primaria leu o conto a todas alumnas e alumnos do centro na biblioteca, cuns títeres que representaban as personaxes.
Tamén todo o profesorado e alumnado do centro participou na elaboración dun mural colectivo onde se poden ver os sorrisos de cada un deles para revindicar que "NINGUÉN NOS PODE ROUBAR O SORRISO". No mural tamén aparecen "eslogáns" en contra da violencia de xénero con diferentes tipoloxías de letras. No seguinte vídeo poderedes ver o resultado.
O EDLG do noso centro propúxonos realizar unha actividade fantástica para Sanmaín: INVENTAR APÓCEMAS.
Cada curso realizou as súas e quedáronlle horripilantes...jajajaja!
Deixámosvos o enlace á publicación no blog do EDLG para que lle botedes unha ollada.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/11/libro-apocemas-de-samain.html
Para Sanmaín Fidalgo propúxonos escribir un conto entre os nenos e as nenas de todo o colexio. Cada clase foi a encargada de inventar unha parte do conto tendo en conta a súa estrutura.
O resultado encántanos! Compartímolo con vós a continuación.
O día 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Os alumnos e alumnas de 1º de educación primaria prepararon un telexornal especial para falar de que era para eles e elas a biblioteca e a continuación, algunhas alumnas e alumnos do colexio nun reportaxe especial dende a biblioteca do centro comparten con nós o que máis lle gusta da súa biblioteca.
Poderedes ver o resultado no seguinte vídeo!
Un ano máis participamos no certame de Teatro Lido convocado polo concello de Carballo.
Nesta ocasión o alumnado de 4º de educación primaria participaron coa adaptación do libro "A cousa que máis doe do mundo de Paco Liván.
Invitámovos a que vexades o resultado. A nós parécenos que lles quedou espectacular!!!!!!!
Un ano máis empeza a andaina das nosas mochilas viaxeiras.
Este curso os libros das mochilas incluirán tamén libros relacionados co noso proxecto anual.
Esta foi a carta que nos mandou Fidalgo onde explica detalladamente todo.
A formación de usuarios é fundamental para que todo o alumnado e profesorado sepa usar os recursos tan valiosos que nos oferta a nosa biblioteca. A continuación deixámosvos unha presentación para aprender e/ou recordar que podemos atopar na nosa biblioteca e onde; e un vídeo recompilando algúns sesións que levamos a cabo este curso.
Hoxe visitamos a radio do CEIP A Cristina cos alumnos de 6º de educación primaria: Trini, Sameri, David, Roberto, Carla e Malak. Alí estaban esperándonos alumnos tamén de 6º de EP: Ana, Iria, Xian e Victoria. Ensináronnos o centro e a súa radio e o seu funcionamento que tantas ganas tiñamos de coñecer. Despois empezamos a entrevista.
Que ben o pasamos!!!
Deixámosvos unhas fotos, un pequeno vídeo do comezo da entrevista e o podcast.
Ao longo deste curso o alumnado do noso centro de 5º de educación infantil e o alumnado de 4º de educación primaria do CEIP Canosa Rus levaron a cabo unha colaboración para desenvolver o proxecto "A nosa casa da vila".
A biblioteca tamén xogou un papel no desenvolvemento deste proxecto achegando os libros de ficción ou/e informativos que precisaron. Para poder compartilo co colexio de Canosa Rus tamén lle fixemos un carnet de biblioteca para emprestar libros con eles/elas.
Estiveron e están facendo un traballo espectacular que queremos que coñezades por iso compartimos con vós o enlace onde poderedes ver todas as actividades levadas a cabo.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/Proxecto%20%22A%20nosa%20casa%20da%20vila%22
O pasado venres 30 de maio, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria foi ler contos ás tres aulas de educación infantil e ás aulas de 1º a 4º de educación primaria. Sempre é unha experiencia fantástica que o alumnado maior veña ler uns contos aos alumnos e alumnas de clases inferiores. Todos están moi emocionados e contentos de participar nesta actividade. É unha experiencia que repetimos curso tras curso e pensamos seguir levando a cabo.
Deixamos unhas imaxes dos libros que foron ler e un vídeo onde se pode ver o bo momento compartido.
Con motivo da celebración do día das letras galegas o venres 16 de maio reunímonos todo o alumnado do centro e o profesorado na biblioteca para cantar o himno galego e homenaxear o noso idioma e as cantareiras.
Aproveitamos tamén para compartir con vós o traballo elaborado polo EDLG do centro que pon en valor as CANTAREIRAS e a poesía tradicional oral, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. No enlace encontraredes un Symbaloo cunha fantástica recompilación de actividades.
VIVA A NOSA LINGUA E VIVA AS CANTAREIRAS!!!!
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/05/letras-galegas-2025.html
Un ano máis participamos nas actividades que levan a cabo dende o concello de Carballo e a asociación ASPG para a celebración do día do libro. Este ano o tema foi O Cine.
Participamos na exposición colaborativa que realizan os centros escolares de Carballo na biblioteca Rego da Balsa. Nos promocionamos a figura de Rosalía de Castro co enlace ao vídeo-documental sobre a súa vida e obra e varios vídeos de recitados de poemas. O público podía acceder a eles lendo os QR situados nos paneis laterais. Tamén participamos expoñendo todo o traballo que leva elaborando o alumnado de 5º de EI do centro en cooperación co alumnado de CEIP de Rus.
Ademais participamos nos obradoiros ofertados para o alumnado de 1º, 3º e 5º de educación primaria:
- Para o alumando de 5º de EP: Obradoiro de escrita creativa: A fonte da palabras silenciosas con Antón Cortizas.
- Para o alumnado de 1º de EP: visita á exposición e asistencia á obra de títeres "A pita xefa" de Alakrán.
- Para o alumnado de 3º de EP: obra de teatro "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica." Títeres Tanxarina. Ademais agasallaron a cada alumno cun exemplar do libro que se representou.
A continuación deixámosvos unhas imaxes para ilustrar a semana tan fantástica que organizaron:
Como sabedes, o 23 DE ABRIL conmemórase o DÍA DO LIBRO e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega aproveitaron para difundir a través do seu blog libros ou vídeo-libros en galego.
Deixámosvos o enlace para que lle botedes unha ollada.
Moitas GRAZAS!
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/D%C3%ADa%20do%20Libro
Este ano realizamos un vídeo colaborativo durante a hora do recreo co alumnado e profesorado do centro que nos recomendan as súas lecturas favoritas para celebrar este día do libro. Esperamos que vos sirva de inspiración para novas lecturas. Animádevos!
O mércores 9 de abril dúas alumnas do CEIP A Cristina, Sabela e Lucía, acudiron ao noso centro acompañadas pola súa coordinadora da biblioteca escolar Maica, para realizar unha entrevista ás dúas coordinadoras das bibliotecas dos dous centros. Foi unha experiencia fantástica (aínda que tivemos algúns problemas co sonido do vídeo) e proximamente iremos nos ao seu centro a gravar un programa na súa radio con alumnado de 6º de EP. Temos moitas ganas de que chegue ese día!!!!
Ao longo deste segundo trimestre, o alumnado de 3º de educación primaria tivo a sorte de poder recibir uns talleres de creación poética. Durante estes talleres aprenderon sobre a poesía, a súa estructura e inventaron varios poemas colectivamente. Foi unha experiencia fantástica que promocionou que lles gustara aínda máis, se cabe, este xénero literario e impulsou a súa creatividade. Aproveitouse tamén a celebración do día da Paz e non violencia escolar e o día dos enamorados para inventar poemas que reflexionen sobre estas conmemoracións. Aquí compartimos con vós imaxes destes días e creacións.
Hoxe tivemos a sorte de recibir na biblioteca ao escritor David Rodríguez, autor do libro Superavoa.
Veunos contar aos alumnos de 1º, 2º e 3º de educación primaria o libro titulado O tren Fantasma de María Oruña.
Pasámolo incrible e ademais ao final do conto cantamos xuntos a canción de Andrés do Barro "O tren" e David tocou a guitarra!!!
O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA da POESÍA e o Día da ÁRBORE e todo o centro sumámonos a proposta feita polo EDLG do centro para dar continuidade a unha actividade realizada en anos anteriores.
Recitamos poemas en galego e subíronnos ou blog do EDLG xerando un código QR que se incluíu nos carteis que se elaboraron para colgalos nas árbores da contorna do noso colexio para que todas as familias do centro e veciños de Carballo poidan gozar deles.
A continuación deixámosvos ao enlace a entrada do blog onde poderedes escoitar todos os poemas recitados polo alumnado.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/D%C3%ADa%20da%20Poes%C3%ADa
Este ano para a celebración do día de Rosalía, o día 23 de febreiro, todo o colexio colaborou coa proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizando un vídeo colaborativo sobre a vida e obra da autora.
Ese día preparamos a biblioteca para a gran estrea da docu-serie "Unha viaxe pola vida de Rosalía". Fixéronse dous pases, primeiro asistimos todo o alumnado e profesorado e despois as familias.
Como xa sabedes, este ano o tema anual elixido no colexio é "Xeracións unindo tradicións", polo que aproveitamos a ocasión para encargarlle os oleiros de Buño que nos realizaran un prato coa figura de Rosalía de Castro e formase parte deste espazo. Pareceunos que o seu referente debía ter o seu lugar na nosa biblioteca polo que significa para a transmisión e defensa do galego tanto a nivel escrito como oral e tamén como muller.
Ademais a olería forma parte dun oficio tradicional da comarca e este curso polo Entroido iremos disfrazados de oficios tradicionais, polo que tamén é unha maneira de promocionar e valorar a nosa cultura e tradicións.
O día 30 de xaneiro organizamos na biblioteca unha MERENDA PARA A PAZ. Entendemos que a PAZ é compartir, desfrutar da compañía, axudar, ... así que decidimos xuntarnos na hora do recreo na biblioteca para tomar chocolate con leite. Durante esta actividade visualizamos na pantalla dixital dous contos para a PAZ e escoitamos cancións relacionadas co tema. Estas propostas están recollidas no seguinte Genially para que tamén as poidan realizar dende as aulas ou dende as casas.
Nesta entrada tamén recóllese un pequeno vídeo onde aparecen unha reompilación de fotos destes día sinalado.
A continuación deixámosvos a carta que escribiu Fidalgo ao alumnado e profesorado do centro para o día da non violencia e da paz. Invitounos tamén a aprender e recitar unha poesía para conmemorar este día.