Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de novembro de 2022

UN SAMAÍN DE MEDO

 Booooooo 🎃👻 Este ano celebramos un Samaín de medoooo!!

💀Elaboramos cabazas coas nosas familias.

💀Participamos na iniciativa "Presume de Xardíns" do Concello de Carballo.

💀Elaboramos merendas baixo o lema "Terrorificamente saudable" en relación co noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos".

💀Escoitamos un conto de medo contado por dúas profes.

💀Participamos en xogos tradicionais con elementos do outono.

Velaquí tedes algúns vídeos:

Grazas polas vosas aportacións 👻



venres, 11 de novembro de 2022

MENÚ LECTOR

Queredes saber cal era unha das propostas deste mes de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas? Cada aula escolleu un libro para recomendar aos demais nenos e nenas do centro.

"Menú lector" foi o título desta proposta, relacionándoo así co noso PDI titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos". Agardo que vos guste.


Aula 4.º Educación Infantil


Aula 5.º Educación Infantil


Aula 6.º Educación Infantil

Aula 2.º Educación Primaria 

Aula 6.º Educación Primaria 

Grazas a todos e a todas pola vosa participación e esforzo. Un saúdo,

martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe quero compartir con vós un vídeo da nosa celebración do Samaín🎃💀👻👿 Agardo que vos guste 😍


Como puidestes ver, participamos na iniciativa "Presume de xardíns" proposta dende o Concello de Carballo. Por este motivo, elaboraron un vídeo para colgar nas súas redes sociais. Déixovolo a continuación 👀 Moitas grazas por amosar o noso traballo!!😀

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación 😍

Un saúdo de medo,

martes, 17 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 4.º EDUCACIÓN INFANTIL: ALIMENTOS QUE FLOTAN

Hoxe os nenos e nenas de 3 aniños queren compartir con nós o seu experimento. Sabedes en que consistía?? Tiñan que comprobar que froitos do outono flotan e cales non 😊


Bo traballo peques. Un bico ben grande 😘



domingo, 1 de novembro de 2020

MÁSCARAS TERRORÍFICAS E MEDOS FÓRA

Estes días xa vos fun ensinando un poquiño do ambiente de Samaín do cole pero tamén houbo outras actividades ben interesantes.

🎃Decorar máscaras terroríficas.

🎃Facer unha grilanda con símbolos de Samaín: pantasmas, gorros de bruxa, gatos, cabazas, caveiras... En cada un destes debuxos, as nenas e nenos escribiron/debuxaron unha cousa á que lle tiñan medo. Con isto fixemos grilandas, colgámolas por fóra das ventás e... medos fóra!!!

Agora déixovos un vídeo para que comprobedes canto traballan os nenos e nenas do noso cole.


Este Samaín dounos para traballar moito sobre o medo, unha emoción que moitas veces sentimos e unha das moitas que imos traballar no Proxecto Documental Integrado deste curso que se titula "Conto coa túa emoción". Xa temos creada unha etiqueta con este nome; pinchando nela atoparedes todas as actividades que imos realizando sobre esta temática.

Un saúdo,

XOVES POÉTICO!!

Como xa sabedes os xoves de cada semana ao voso pequeno trasno gústalle escoitar un pequeno poema, o último xoves, 29 de outubro, escoitei polo colexio un poema escrito polo meu amigo Federico García Lorca na voz duns picariños de 5 anos. Escoitade, escoitade con atención 👂👂
 



martes, 27 de outubro de 2020

CONTOS E CANCIÓNS DO SAMAÍN

Amiguiños e amiguiñas... teño algo que contarvos e non sei ben como comezar 😰😰 levo uns días escoitando no cole uns sons un tanto extraños. Cada vez que saio da biblioteca para averiguar onde soan, semellan oirse para a zona da entrada do cole... Entón achégome sen facer case ruído pero, misteriosamente, deixa de escoitarse!!!!

Non sei se vós poderiades axudarme a averiguar que cancións son... Fixádevos nesta imaxe que capturei. Hai uns números misteriosos que apareceron estes días. Serán pistas para dar con eses sons que escoito?? Estou seguro de que me ides botar unha man. Moitas grazas a todos e a todas!!


Quedo máis tranquilo agora que averiguamos que son cancións do Samaín e o outono!! Que alivio tan grande 😅 Fixástesvos que na árbore da entrada do colexio hai un montón de libros sobre esta temática?? Por se vos apetece escoitar algúns deles, déixovolos en formato dixital. Gozade da súa escoita 👂👂


Bicos de cabaza 🎃 con ruídos de caveiras e pantasmas 💀👻

xoves, 22 de outubro de 2020

MATERIAS SOBRE O SAMAÍN

Ba tarde!! Como estades lectores e lectoras? No colexio xa temos decorada a entrada con motivos do Samaín e o outono. Queredes vela? 👀 Aí vai unha foto 📷


Agora déixovos unhas propostas para traballar en Educación Infantil e Primaria e que foron elaboradas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega.


Un saúdo,
Fidalgo.

mércores, 21 de outubro de 2020

A ORIXE DO SAMAÍN

Bo día!! No colexio xa estamos mans á obra coa preparación da festa do Samaín 💀👻🎃 Este curso vai ser unha celebración atípica pero non por iso menos especial. Arrincamos cun pouco de información sobre a orixe desta festividade.

Estade atentos que seguirei publicando cousiñas sobre a temática!! E recordade LER SEN MEDO 📚 

Un saúdo terrorífico,

Fidalgo.