domingo, 1 de novembro de 2020

MÁSCARAS TERRORÍFICAS E MEDOS FÓRA

Estes días xa vos fun ensinando un poquiño do ambiente de Samaín do cole pero tamén houbo outras actividades ben interesantes.

🎃Decorar máscaras terroríficas.

🎃Facer unha grilanda con símbolos de Samaín: pantasmas, gorros de bruxa, gatos, cabazas, caveiras... En cada un destes debuxos, as nenas e nenos escribiron/debuxaron unha cousa á que lle tiñan medo. Con isto fixemos grilandas, colgámolas por fóra das ventás e... medos fóra!!!

Agora déixovos un vídeo para que comprobedes canto traballan os nenos e nenas do noso cole.


Este Samaín dounos para traballar moito sobre o medo, unha emoción que moitas veces sentimos e unha das moitas que imos traballar no Proxecto Documental Integrado deste curso que se titula "Conto coa túa emoción". Xa temos creada unha etiqueta con este nome; pinchando nela atoparedes todas as actividades que imos realizando sobre esta temática.

Un saúdo,

Ningún comentario:

Publicar un comentario