domingo, 26 de marzo de 2023

CHARLA COA DENTISTA MARÍA GÓMEZ E A SÚA COMPAÑEIRA

Dende o Concello de Carballo están a desenvolver unha campaña de saúde bucodental que nos vén como anel ao dedo para seguir abordando o noso proxecto titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" a través do que traballamos, este trimestre, sobre persoas que nos coidan.

Aprendemos sobre a importancia dun bo cepillado de dentes, cantas veces os debemos cepillar ao día, como debemos facelo e moitas máis cousas!! Ademais recibimos de agasallo un cepillo de dentes e un reloxo de area para contar o tempo do cepillado 👄🦷

Moitas grazas ao Concello de Carballo por promover este tipo de iniciativas e ás chicas da Clínica María Gómez Lamas por compartir o seu tempo con nós 💚

VISÍTANOS JOSÉ JIMÉNEZ BORJA

Seguimos traballando no noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este 2.º trimestre é a quenda do cóidote e... quen nos coida a nós?

José Jiménez Borja é un claro exemplo de entrega á sociedade pois é policía local e ademais, superando moitos prexuízos sociais e a base de esforzo, é o primeiro policía xitano de Galicia 🚓🚔 Emociónanos saber que a ubicación do colexio lle trouxo recordos da súa infancia que estaban ligados á feira de Carballo 😍

Un orgullo ter compartido contigo a xornada do 24 de marzo. Moitas grazas por facelo posible 💕

POEMA "OÍCHES!!!" ELABORADO NA AULA DE 5.º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Poema do non ás cacas ⛔💩 elaborado e recitado polo alumnado de 5.º de Educación Infantil.

sábado, 18 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.

Houbo obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e charlas máis teóricas nos cursos de Primaria. Con elas aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.

Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜 Agardamos que gocedes dos produtos da nosa contorna que compartimos con vós: pan de Carballo, chocolate Mariño, produtos Calvo e olería de Buño.

POEMA "POLAS RÚAS" DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ

Poema "Polas rúas" 🚗🚕🚦de Ana María Fernández recitado polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

POEMA "POMBIÑA DA PAZ" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Poema "Pombiña da paz" 🐦de Antonio García Teijeiro recitado polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

POEMA "O MOUCHO" DE ROSALÍA DE CASTRO

 Poema "O moucho" de Rosalía de Castro recitado polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

POEMA "EN MI CARA REDONDITA" DE GLORIA FUERTES

 Poema "En mi cara redondita" 👦👧de Gloria Fuertes recitado polo alumnado de 4.º de Educación Infantil.

domingo, 12 de marzo de 2023

8M: Mulleres galegas que nos coidan

Dende a aula de 6.º de Educación Infantil queren compartir con nós o seu traballiño para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Relacionárono co proxecto de aula e co PDI da biblioteca e traballaron sobre a figura de mulleres galegas que nos coidan 💜

Buscaron información e elaboraron un pequeno mural 😊





Grazas pola vosa aportación,



martes, 7 de marzo de 2023

8 M Día Internacional da muller

 Boas a todos e todas! 
O vindeiro 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller polo que vos deixamos unha serie de obras a vosa disposición!