Amosando publicacións coa etiqueta conCIENCIA DE FIDALGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conCIENCIA DE FIDALGO. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.

Houbo obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e charlas máis teóricas nos cursos de Primaria. Con elas aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.

Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜 Agardamos que gocedes dos produtos da nosa contorna que compartimos con vós: pan de Carballo, chocolate Mariño, produtos Calvo e olería de Buño.

luns, 26 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego. Dende as aulas, as nenas e nenos comparten con todos nós pequenas mostras de como traballan aspectos científicos.

AULA 4.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Grazas rapazada 💚

xoves, 25 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Ao longo deste mes de novembro, celébrase o mes da ciencia en galego. Como puidestes ver, deixeivos na entrada do colexio unha exposición de libros sobre a temática.

Ademais as diferentes aulas fixéronme chegar algúns dos experimentos que realizaron. Poñédevos cómodos/as que arrinca unha sesión do máis científica 🔬🔭🌞🌟🌙

AULA 4.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA


AULA 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA


AULA 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA




Moitas grazas polas vosas aportacións,

sábado, 21 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA: A AUGA QUE CAMIÑA

Hoxe as nenas e nenos de 2.º de Educación Primaria queren compartir connosco o seu experimento chamado "A auga que camiña". Primeiro, imos recordar en que consistía.

Agora déixovos as imaxes das nenas e nenos realizando o experimento. Parabéns!! Quedou unha experiencia preciosa 😍😍



















Un saúdo,


venres, 20 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 6.ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Boa tarde lectoras e lectores, pequenas científicas e científicos!! Hoxe recibín un vídeo dun experimento realizado na aula de 6.ºB de Educación Primaria. Sabedes que nos quere explicar o alumnado con el? Que o aire si que ocupa lugar!! Mirade mirade 👀👀 é unha explicación fantástica 👏👏


Moitos parabéns!! E grazas pola vosa aportación 😀

Un saúdo,

xoves, 19 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 6.ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA: AS CÉLULAS E O ADN

As nenas e nenos de 6.ºA de Educación Primaria xa se puxeron mans á obra co experimento que lles propuxen fai uns días. Velaquí vos deixo a tarxeta que lles enviei.

Agora déixovos unhas imaxes de como o fixeron 😊 Parabéns chicos e chicas!!! Fixéstelo xenial 👏👏😍😍 Agardo que fose unha boa experiencia!!









Un saúdo para todos/as e moitas grazas,

martes, 17 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 4.º EDUCACIÓN INFANTIL: ALIMENTOS QUE FLOTAN

Hoxe os nenos e nenas de 3 aniños queren compartir con nós o seu experimento. Sabedes en que consistía?? Tiñan que comprobar que froitos do outono flotan e cales non 😊


Bo traballo peques. Un bico ben grande 😘



luns, 16 de novembro de 2020

EXPERIMENTO 1.ºEP: INFLAMOS GLOBOS

Hoxe as nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria envíannos o seu vídeo sobre o experimento de inflar un globo 🎈 Antes de nada imos recordar en que consistía.

Agora déixovos o vídeo onde podedes comprobar como desenvolveron os nosos amiguiños e amiguiñas o experimento 😊 Moitos parabéns!! 👏👏 Fixéstelo xenial 😀😀


Un saúdo e bo traballo,

CIENTÍFICOS DA NOSA TERRA

Bo comezo de semana a todos e a todas!! Que tal estades? Hoxe tráiovos dous carteis con información sobre un científico e unha científica, pero non son uns calquera!! Son os nosos científicos. Sabedes por que digo nosos?? Porque naceron ben pretiño do noso colexio: Ángel Carracedo é de Santa Comba e Karina Pombo é da nosa localidade, de Carballo.

Se queredes saber un pouco máis sobre eles, aquí vos deixo un pouco de información.


Boa semana,



xoves, 12 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Boa tarde a todos e a todas!! Como saberedes, hoxe comezaron a chegar ás aulas uns paquetiños que eu mesmo enviei. Xa os abristes?? Veriades que dentro deles ía un libro de ciencia e unha proposta de experimento que agardo fagades. Veña, animádevos e mandádeme fotos para subir ao blog 😀

Déixovos unha imaxe dos paquetiños preparados 😊


E aquí tedes as propostas de experimentos. Como vedes, están en galego pois este mes é o MES DA CIENCIA EN GALEGO.


Agardo as vosas fotos e vídeos 📷 e, sobre todo, que gocedes da ciencia 💫

Un saúdo para todos e todas,


martes, 9 de xuño de 2020

A AUGA QUE CAMIÑA

Bo día nenos e nenas!! Xa fai uns día que non facemos ningún experimento así que hoxe vaille tocar. Animádesvos? Con el podedes experimentar sobre a capilaridade e a mestura de cores.

Precisades:
  • Vasos.
  • Auga.
  • Colorante alimenticio.
  • Papel de cociña.

Velaquí tedes como facelo:


Veredes que ademais é un experimento super vistoso 😍 Enviádeme fotos 📷📷 seguro que saen preciosas!!

Un saudiño,
Fidalgo.





martes, 2 de xuño de 2020

EFECTO ANTICONXELANTE

Que tal científicos e científicas do San Luís? Como levades as últimas semanas deste curso? 🙊

Hoxe tráiovos unha pregunta e unha explicación. Sabedes por que se bota sal nas estradas cando hai xeo ou neve? ⛄ Co seguinte experimento ides comprobalo. Animádesvos a poñelo en práctica? 💪💪


Se vos animades, enviádenos un vídeo voso explicando como fixestes este experimento e o que ocorreu 📷📷

Se xa rematastes o experimento, deixámosvos un vídeo onde se explica que ocorre 💧💦


Bo martes,
Fidalgo.

martes, 12 de maio de 2020

A FRECHA MÁXICA

Bo día amiguiños e amiguiñas!! Que tal comezou este martes?? Hoxe tráiovos unha actividade de ciencia que vos fará pensar. É unha idea que atopei esta fin de semana na páxina web "ÁrbolABC". Neste caso é un experimento sobre a refracción da luz e chamámolo a frecha máxica ➡️⬅️.

Con este experimento que máis ben semella un acto de maxia, cambiaredes a dirección dunha frecha sen tocala!! Atrevédesvos??
La flecha mágica 1


Precisaredes:
  • Un vaso de vidro.
  • Auga.
  • Un papel co debuxo dunha frecha.



Pasos a seguir:

1. Debuxade unha frecha horizontal no papel e enchede o vaso con auga.

La flecha mágica 2

2. Sen perder de vista o vaso, suxeita o papel detrás deste e móveo lentamente cara atrás. Observade o que ocorre 👀 Notaredes que, ao acadar certa distancia, a frecha parece apuntar na dirección contraria como por arte de maxia!!

La flecha mágica 3

3. Volvede realizar o mesmo pero co vaso baleiro. Observaredes que non se produce un cambio na dirección na que apunta a frecha.

Agora a pensar: Por que ocurrirá isto?

Se xa pensastes, vouvos explicar o motivo. Agardo que non fagades trampas 🙊 Aínda que todo o que acaba de ocorrer pareza maxia, a resposta atópase na ciencia. Cando a luz pasa dun material a outro, pode dobrarse ou refractarse. Neste experimnento, a luz viaxou dende o aire, atravesando o vidro, logo a auga e a parte posterior do vidro. Finalmente, a luz volveu polo aire, antes de acadar a frecha.


👉AGORA UNHA CURIOSIDADE👈 Sabiades que as lentes das gafas funcionan grazas á refracción? As lentes son pezas de vidro que dobran os raios da luz o suficiente para enfocar as imaxes e permitir que as persoas que o necesitan, vexan correctamente 👓👀

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres celébrase o Día da Familia. Gustaríame que fixésemos un vídeo conxunto de todo o cole para dedicarlles unhas palabras ás persoas que tanto queremos. Que tedes que facer? Gravade un vídeo enviándolle unha mensaxe a alguén da familia que botedes de menos, dicindo por que queredes á vosa familia, que vos gusta facer con ela... Facédenolos chegar por correo electrónico (equipobibliosanluis@gmail.com) ou a través dos vosos titores/as. Tedes de prazo ata o xoves á mañá.
O venres publicaremos o resultado final. Animádevos!! 💓


Un saúdo,
Fidalgo.