sábado, 12 de outubro de 2019

Benvid@s ao novo curso

Comezou un novo curso, e despois dunhas primeiras semanas en que nos dedicamos a cambiar o aspecto da nosa Biblioteca, mesmo a ubicación da zona de Infantil, invitámosvos a visitarnos canto antes, xa comezou o empréstito e agárdanvos moitas novidades.
Este curso continuaremos Zoqueando por Carballo, pero tamén imos desenvolver o proxecto a prol da Igualdade que foi  premiado pola Deputación da Coruña no 2019.
Esperámosvos con moitas sorpresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario