En 6.º de Educación Infantil aproveitamos estes días de Samaín para falar do medo!! Para iso analizamos en profundidade unha imaxe do pintor Gustav Courbet.
Sentados e sentadas en círculo, contemplamos en silencio e con moita atención a escena.
Despois de analizala lanzamos as seguintes preguntas para reflexionar:
QUE ESTÁ PASANDO?
As respostas non se fixeron de rogar e comezaron a saír:
- "Ten raias na cara e está calado"
- "Ten medo, quérenlle atacar"
- "Caeu por un barranco e levou un susto"
- "Quérenlle arrincar os pelos"
- "Queríanlle arrincar os pelos e el non lle deixa"
- "Levou un susto porque case cae"
- "Queríanlle facer un experimento e quitarlle o pelo"
- "Levou un susto porque case cae por un burato e a policía quería atropellalo"
- "Intentaron cortarlle os brazos, non vedes unha mancha vermella na camisa?"
COMO PENSADES QUE ESTÁ?
A maioría contestaron que lle parecía que estaba moi asustado e a outr@s pareceulle que estaba triste.
QUE PENSADES QUE PASOU INMEDIATAMENTE DESPOIS DE CAPTAR ESTA IMAXE?
- "Que o atraparon"
- "Súa nai cortoulle o pelo, aínda que el non quería"
- "Que o mataron cun coitelo"
- "Que o mataron os policías"
- "Pintou sen querer co lápis nalgún sitio e chamaron á policía"
- "Un monstro intentou comelo, ou un dinosaurio"
COMO TITULARÍADES O CADRO?
- "Hugo"
- "O home cabra"
- "O home que ten medo"
- "Bruno"
- "Peluso"
- "Artística"
- "O home pantasma"
- "Vai de flores"
- "Cacito"
E VÓS ... A QUE LLE TEDES MEDO?
- Aos morcegos
- Aos monstros que viven debaixo da cama
- Aos pallasos
- Aos disfrazados
- A nada
- Aos elefantes...
PROBAMOS A POÑER A CARA COMA O PROTAGONISTA DA IMAXE??
DESPOIS QUIXÉMOLO DEBUXAR:
Ningún comentario:
Publicar un comentario