luns, 26 de outubro de 2020

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

Bo día nenos, nenas, mestres, mestras e familias!! Levo días desexando que chegue este momento. Que ilusión!! Hoxe teño unha gran noticia que contarvos 😀 Recordades que fai uns días vos dixen que estivesedes atentos a algo que ía anunciar?? Pois chegou o día 👏👏

Ultimamente, estivemos traballando moito para reformar a biblioteca e poder abrila de novo para gozar dela, da lectura de libros, a busca de información... aínda que xa sabedes que este ano temos que organizarnos doutro xeito por mor da pandemia da COVID. Hoxe é unha data sinalada para o CEIP Xesús San Luís Romero porque volvemos abrir a biblioteca logo duns cambios que ides ver a continuación. Estades preparados/as?

Antes de poñervos o vídeo, gustaríame contarvos que decidín que hoxe era un bo día para reabrir a biblio porque este sábado foi o Día das Bibliotecas. Como seguro estades ansiosos por ver os cambios, déixovos o vídeo:

Que vos pareceu?? Moi fermosa verdade? A min encántame 😍 Agora teño unha mensaxe máis para vós. Mirade e escoitade este vídeo 👀

Velaquí están todas as caixas preparadas. No seu interior hai unhas chapas de agasallo para vós 😊


Un saúdo! Agardo que a biblioteca e os contos estean moi presentes na vosa vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario