Bo día a todos e a todas! Dende o luns 19 ao venres 23 de abril celébrase a Semana do Libro e gustaríame propoñervos diferentes actividades para estes días. Animádesvos a participar? Estou seguro de que si 😀
📕 Lecturas no patio. Todos os nenos e nenas do colexio poderedes traer unha pequena manta ou toalla para sentarvos/deitarvos no patio e gozar da lectura. Nas diferentes zonas de recreo, haberá unhas mesas con diferentes propostas de lecturas para que escollades aquelas que desexedes.
📗 Contacontos para todos os nenos e nenas do colexio.
📘 Concursos:
- O alumnado de 3.º e 4.º de Educación Primaria elaboraredes un cartel para anunciar o Día do Libro. Nel incluiranse datos importantes como: Semana do Libro e a data na que se celebra. O resto correrá a cargo da vosa imaxinación e creatividade.
- O alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria fará un concurso de marcapáxinas de decoración libre, incluíndo datos importantes como: Semana do Libro ou a data na que se celebra. A parte plástica correspóndevos a vós, artistas!!
📙 Obradoiro de marcapáxinas para as nenas e nenos de Educación Infantil, 1.º e 2.º de Educación Primaria. Cada aula tedes asignada unha hora para ir á biblioteca, onde estará preparado todo o material para o obradoiro.
📕 Book-selfie: ao longo da semana, aqueles nenos e nenas que queiran, farán unha foto co seu libro favorito.
📗 Booktubers: ao longo da semana, de xeito voluntario, faredes vídeos recomendando o voso libro favorito.
E ata aquí as propostas para a Semana do Libro. Agardo que vos gusten e que participedes e gocedes moito con elas!! Coma sempre, estarei encantado de recibir as vosas fotografías e vídeos 📷
Unha aperta virtual,
Ningún comentario:
Publicar un comentario