Hoxe, 3 de decembro, recibimos unha visita moi especial con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Pedro é un chico con discapacidade visual que nos contou cousiñas sobre o seu paso polo colexio da súa aldea, o instituto e a facultade, pois pese ás dificultades que poida ter, graduouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Tivemos a oportunidade de escoitar as súas vivencias, de facer preguntas... pero quedámonos coa súa mensaxe de facer unha vida o máis normal posible para todas e todos.
Moitas grazas Pedro!!
“Ser xusto non é dar o mesmo a todos e todas, senón dar a
cada un en función das súas
necesidades. Así, a axuda non é un privilexio, é unha
necesidade e un dereito”.
Marlene Horna Castiñeiras
Ningún comentario:
Publicar un comentario