mércores, 4 de decembro de 2019

MELLORANDO POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

No colexio participamos no concurso "Xuntos sumamos" que promove a asociación Aloumiños. Consistía na elaboración de debuxos para as páxinas dun calendario, resultando gañadoras dúas nenas e dous nenos do noso cole. Parabéns!!


Os nenos e nenas do cole fixeron tantos debuxos tan bonitos que decidimos aproveitar para expoñelos na entrada do colexio con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Deixámosvos unhas fotos e convidámosvos a que os veñades ver.











Tamén poderedes ver unha grande cantidade de bolboretas que fixemos con motivo da historia das irmás Mirabal.


E que hai das novas adquisicións da biblioteca? Fai uns días asistimos a un curso de biblioteca inclusiva onde se falaba de Lectura Fácil polo que agora xa contamos con algúns libros que reciben esta denominación. Sabedes como se identifican?? Pois a través deste logo.


Deixámosvos algunha mostra dos libros que temos expostos e que conteñen pictogramas, braille, debuxos con relevo, DVDs con lingua de signos e algúns de lectura fácil.








Se queredes saber máis dalgúns destes libros, podedes acceder ás ligazóns que hai nas imaxes dunha entrada que xa publicamos neste blog: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/12/3-de-decembro-dia-das-persoas-con.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario