As nenas e nenos de 3.º e 4.º de Educación Primaria participaron no concurso de contos de Nadal que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz e fai unha semana recibimos unha gran noticia. Os contos de Iván, Daniela, Vagnely e Zakaría foron premiados, parabéns!!!
Dende o equipo de biblioteca gustaríanos felicitar tamén aos demais nenos e nenas premiados, así como a todos/as aqueles/as que non gañaron pero que elaboraron o seu contiño con moito esforzo e ilusión!!
Deixámosvos unhas ligazóns ao xornal onde se anuncian os gañadore/as (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2019/12/15/alumno-colegio-buno-gana-primer-premio-contos-nadal/0003_201912C15C6991.htm) e tamén onde se recolle unha galería de fotos da entrega de premios: https://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/ponteceso/2019/12/21/entrega-premios-contos-nadal/01101576964172165462666.htm
E se queredes darlle unha lectura aos contos, aquí os tedes: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2019/12/20/contos-nadal/00031576873216834384193.htm
E se queredes darlle unha lectura aos contos, aquí os tedes: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2019/12/20/contos-nadal/00031576873216834384193.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario