O Concello de Carballo agasallounos cuns libros fantásticos. Axiña estarán dispoñibles nos estantes da nosa biblioteca.
Moitísimas grazas!
O Concello de Carballo agasallounos cuns libros fantásticos. Axiña estarán dispoñibles nos estantes da nosa biblioteca.
Moitísimas grazas!
Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal. Moi boas festas e feliz lecturas!
Para este Nadal,o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronnos a todo o centro a elaboración dunha estrofa por aula para crear varias cancións de xeito colaborativo. Ofrecéronnos unha listaxe de posibles palabras relacionadas coa temática e con elas os diferentes cursos elaboraron as estrofas. Despois empregaron a aplicación "Suno" de intelixencia artificial, para crear as cancións.
Estas cancións soaron pola megafonía do centro nas entradas e saídas do centro. No seguinte enlace ao blog da biblioteca poderedes atoparlas todas. O resultado é fantástico!!!
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2024/12/cancion-de-nadal.html
Este ano colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro para levar a cabo esta celebración. Os diferentes cursos do centro participaron en obradoiros de ciencia que levou a cabo o Grupo de Investigación en cambio ambiental (GRICA).
No seguinte enlance tedes toda a información.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2024/11/mes-da-ciencia-en-galego-nas-bibliotecas_28.html
Entre todo o alumnado de coñeceron algúns persoaxes que dan medo na nosa tradición.
Saben quen é o Gatipedro, A bruxa dos dentes verdes,, o Tardo , a Tía Xuana.... e foi a esta a quen escolleron para facer unha historia entre todo o grupo. Aquí a tedes.
O vindeiro 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e para esta ocasión elaboramos uns marcapáxinas para todo o alumnado do centro para que poidan pintalo e decoralo como máis lles guste e que os acompañe ao longo deste ano de lectura.
Feliz lectura!!!