venres, 31 de xaneiro de 2025

30 de Xaneiro. Día da Paz

Tras recibir a carta de Fildalgo convidándonos a recitar un poema da Paz, o alumnado de infantil non o dubidou e elexiu o poema "A pombiña Branca" de Gloria Sánchez. Agardamos que vos guste!!!😀😀
pombiña branca.mp4 de Biblioteca

xoves, 30 de xaneiro de 2025

MERENDA POLA PAZ

 O día 30 de xaneiro organizamos na biblioteca unha MERENDA PARA A PAZ. Entendemos que a PAZ é compartir, desfrutar da compañía, axudar, ... así que decidimos xuntarnos na hora do recreo na biblioteca para tomar  chocolate con leite. Durante esta actividade visualizamos na pantalla dixital  dous contos para a PAZ e escoitamos cancións relacionadas co tema. Estas propostas están recollidas no seguinte Genially para que tamén as poidan realizar dende as aulas ou dende as casas.

Nesta entrada tamén recóllese un pequeno vídeo onde aparecen unha reompilación de fotos destes día sinalado.


día da PAZ de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

martes, 21 de xaneiro de 2025

TALLER DE REGUEIFA

O día 16 de xaneiro o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de regueifa que forma parte do programa Enreguéifate impulsado por diferentes concellos, entre eles o de Carballo. Este taller adáptase de marabilla ao noso proxecto anual "Tradicións unindo Xeracións" A regueifa é algo propio da nosa comarca, especialmente na época dos nosos avós/avoas e bisavós/bisavoas. Afortunadamente, dende fai uns anos, contamos cada vez con persoas que están a revivir a maxia desta improvisación oral en verso, promovéndose diferentes actividades deste tipo onde poden participar persoas de diferentes idades. O EDLG do noso centro impulsa estas actividades e podedes ver o resultado no seu blog. Queredes ver como foi esta sesión con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira? Pulsade no seguinte enlace. https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/obradoiro-de-regueifa.html

luns, 20 de xaneiro de 2025

PROPOSTA CELEBRACIÓN DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 A continuación deixámosvos a carta que escribiu Fidalgo ao alumnado e profesorado do centro para o día da non violencia e da paz. Invitounos tamén a aprender e recitar unha poesía para conmemorar este día.


xoves, 9 de xaneiro de 2025

2025 ANO CASTELAO

Este ano 2025 celébrase o Ano de Castelao. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro elaboraron este Symbaloo con ligazóns de interese sobre este persoeiro. Nel poderedes atopar información sobre a súa vida e obra, novas de diferentes xornais, materiais da Fundación Castelao, imaxes e incluso actividades interactivas. Tamén prepararon no centro un recuncho físico con materiais sobre Castelao Nel atoparedes: - Unha escolma de libros do autor. - Unha frase representativa sobre o que sinte el cara a lingua galega. - Un cartel cun código QR que da acceso a un Symbaloo de recursos. - Novas sobre a temática. Pinchando nas seguintes ligazóns accederedes a toda a información no blog do EDLG. https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/2025-ano-de-castelao.html https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/espazo-de-castelao.html