venres, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA EN CARBALLO

 Un ano máis participamos nas actividades que levan a cabo dende o concello de Carballo e a asociación ASPG para a celebración do día do libro. Este ano o tema foi O Cine.

Participamos na exposición colaborativa que realizan os centros escolares de Carballo na biblioteca Rego da Balsa. Nos promocionamos a figura de Rosalía de Castro co enlace ao vídeo-documental sobre a súa vida e obra e varios vídeos de recitados de poemas. O público podía acceder a eles lendo os QR situados nos paneis laterais. Tamén participamos expoñendo todo o traballo que leva elaborando o alumnado de 5º de EI do centro en cooperación co alumnado de CEIP de Rus.

Ademais participamos nos obradoiros ofertados para o alumnado de 1º, 3º e 5º de educación primaria:

- Para o alumando de 5º de EP: Obradoiro de escrita creativa: A fonte da palabras silenciosas con Antón Cortizas.

- Para o alumnado de 1º de EP: visita á exposición e asistencia á obra de títeres "A pita xefa" de Alakrán.

- Para o alumnado de 3º de EP: obra de teatro "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica." Títeres Tanxarina.  Ademais agasallaron a cada alumno cun exemplar do libro que se representou.

A continuación deixámosvos unhas imaxes para ilustrar a semana tan fantástica que organizaron:






xoves, 24 de abril de 2025

SELECCIÓN DE LECTURAS PARA A SEMANA DO LIBRO POR PARTE DO EDLG

Como sabedes, o 23 DE ABRIL conmemórase o DÍA DO LIBRO e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega aproveitaron para difundir a través do seu blog libros ou vídeo-libros en galego.

Deixámosvos o enlace para que lle botedes unha ollada.

Moitas GRAZAS!


https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/D%C3%ADa%20do%20Libro


mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 Este ano realizamos un vídeo colaborativo durante a hora do recreo co alumnado e profesorado do centro que nos recomendan as súas lecturas favoritas para celebrar este día do libro. Esperamos que vos sirva de inspiración para novas lecturas. Animádevos!



mércores, 9 de abril de 2025

ENTREVISTA DO ALUMNADO DO CEIP A CRISTINA

 O mércores 9 de abril dúas alumnas do CEIP A Cristina, Sabela e Lucía, acudiron ao noso centro acompañadas pola súa coordinadora da biblioteca escolar Maica, para realizar unha entrevista ás dúas coordinadoras das bibliotecas dos dous centros. Foi unha experiencia fantástica (aínda que tivemos algúns problemas co sonido do vídeo) e proximamente iremos nos ao seu centro a gravar un programa na súa radio con alumnado de 6º de EP. Temos moitas ganas de que chegue ese día!!!!


venres, 4 de abril de 2025

TALLER DE POESÍA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Ao longo deste segundo trimestre, o alumnado de 3º de educación primaria tivo a sorte de poder recibir uns talleres de creación poética. Durante estes talleres aprenderon sobre a poesía, a súa estructura e inventaron varios poemas colectivamente. Foi unha experiencia fantástica que promocionou que lles gustara aínda máis, se cabe, este xénero literario e impulsou a súa creatividade. Aproveitouse tamén a celebración do día da Paz e non violencia escolar e o día dos enamorados para inventar poemas que reflexionen sobre estas conmemoracións.  Aquí compartimos con vós imaxes destes días e creacións. 

CREANDO POESÍA de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

xoves, 3 de abril de 2025

ENCONTRO CO AUTOR DAVID RODRÍGUEZ

 Hoxe tivemos a sorte de recibir na biblioteca ao escritor David Rodríguez, autor do libro Superavoa

Veunos contar aos alumnos de 1º, 2º e 3º de educación primaria o libro titulado O tren Fantasma de María Oruña.

Pasámolo incrible e ademais ao final do conto cantamos xuntos a canción de Andrés do Barro "O tren" e David tocou a guitarra!!!