mércores, 22 de marzo de 2017

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Esta semana celebramos o día da poesía, e aproveitamos para coñecer á gran GLORIA FUERTES, que naceu no 1917, así que celebramos o seu aniversario.
Temos unha exposición de libros de poesía, para disfrutar deles cando queiramos, e tamén fixemos un recital de tod@s para tod@s de poemas de Gloria Fuertes.








8 de marzo, día da muller

Con motivo do Día da Muller, arredor do 8 de marzo estivemos traballando as profesións, e aquí está a exposición que fixemos e que titulamos ELAS



luns, 13 de febreiro de 2017

FALAMOS DE AMOR

Pola Candelaria celebramos a festa do Amor. Aquí podes ver a orixe.
Nós celebrámolo tamén nas primeiras semanas de febreiro. E celebrámolo moi docemente, con flores e frechas do amor, pero tamén con mensaxes de amor, aos nosos pais, nais, irmáns, amigos, profes......

Día da Paz

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Fixemos varias actividades, coma un baile que podedes ver na páxina web do centro ou premendo AQUÍ

Convocouse un concurso de Debuxos e contos para a Paz, e aquí podedes ver a entrega de premios.



E aquí podedes ver os contos e debuxos finalistas

domingo, 18 de decembro de 2016

PARABÉNS

A Jasmin Gomes Fernandes, de 5º de Educación Infantil, por gañar un premio no concurso de Postal e Cartel de Nadal do Concello, e a Nicoleta Rozália Varga, de 4º nivel de Educación Primaria, por gañar un premio no concurso Contos de Nadal de A Voz de Galicia co conto "O Nadal de Lois". Felicitámolas e animamos a todos e todas a participar nos vindeiros concursos que se convoquen.