Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- Samaín
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Apadriñamentos lectores
- Celebracións
- Croma
- PDI "O camiño das estrelas"
- Polos Creativos
sábado, 4 de novembro de 2017
MAGOSTO E SAMAÍN
O día 31 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín.
Non faltaron as comidas terroríficas, unha exposición de libros de medo, outra de cabazas, actividades de teatro lido na Biblioteca, unha exposición de froitos do outono, concurso de debuxos e relatos de medo, e a entrega de premios.
Tamén, como non, as castañas asadas e degustación de comidas terroríficas
venres, 3 de novembro de 2017
Concurso de debuxo A QUE LLE TES MEDO?
Polo Samaín descubrimos que todos e todas lle temos medo a algo ou a alguén.
Uns medos moi variados, e moi interesantes.
Mira......
mércores, 1 de novembro de 2017
OUTUBRO , MES DO PEÓN
Dentro da programación proposta dende a Biblioteca para procurar a igualdade de xénero entre o alumnado está a promoción de xogos tradicionais ao longo do curso.
Así este mes estivemos xogando ao peón no patio.
Teatro lido na Biblioteca
O día de Samaín celebramos a clasificación do grupo de teatro de 5 anos que interpretou a obra "O Rabaño" no concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís.
E celebrámolo como mellor podiamos facelo: representándoa na biblioteca.
Agora queda esperar a ver se conseguimos algún premio.
Non podían ser menos o grupo de teatro Dorrevés, con Pel de Lúa e os sete ananiños.
luns, 23 de outubro de 2017
TEATRO LIDO
Participación no concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís co conto PEL DE LÚA E AS SETE ANANIÑAS, conto cooperativo realizado polo alumnado de 5º nivel
PEL DE LÚA E AS SETE ANANIÑAS from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.
xoves, 12 de outubro de 2017
Quen ven sendo?
BiblioFlax encargoulle a cada grupo unha investigación arredor dunha muller.
Elas son:
Elas son:
- 3 anos: GUADI GALEGO
- 4 anos: GLORIA FUERTES
- 5 anos: WANGARI
- 1º nivel: ROSALIND FRANKLIN
- 2º nivel: EMILIA PARDO BAZÁN
- 3º A: ROSALÍA DE CASTRO
- 3º B: MARÍA VICTORIA MORENO
- 4º nivel: MARÍA PITA
- 5º nivel: MARUXA MALLO
- 6º nivel: ELIZABETH BLACK WELL
- Para iso mandounos unha carta coma esta:
NORMAS DA BIBLIOTECA
Na primeira semana tivemos unhas actividades de formación de usuarios, coas que lembramos as normas de uso da biblioteca
Comeza o empréstito
No mes de outubro comeza o empréstito ao alumnado. LibroFlax, a nosa mascota lémbranos que temos que coidar os libros
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







