sábado, 6 de xaneiro de 2018

XOGUETES DE NENOS E XOGUETES DE NENAS??????

Antes de pedir os xoguetes aos Reis Magos ou ao Pai Noel tivemos un obradoiro moi interesante con voluntari@s da Cruz Vermella. Con varias actividades démonos conta, aínda que xa o sabiamos que hai xoguetes divertidos, interesantes, bonitos, entretidos.... pero non xoguetes para nenos ou para nenas.

GUÍA DE LECTURAS PARA A IGUALDADE

mércores, 15 de novembro de 2017

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Velaquí tes un montón de ligazóns para aprender cales son os teus dereitos, e xogos para que non os esquezas.

sábado, 11 de novembro de 2017

INVESTIGAMOS MULLERES

Para facer o encargo de LibroFlax, temos aquí para investigar mulleres estes Symbaloos. No primeiro podes atopar a Guadi Galego, a Gloria Fuertes, a Wangari, a Rosalind Franklin e Emilia Pardo Bazán. E no segundo podes investigar a Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, María Pita, Maruxa Mallo e Elizabeth Blackwell

luns, 6 de novembro de 2017

PREMIO NO CONCURSO DE TEATRO LIDO XOSÉ MANUEL EIRÍS

As Ovelliñas do San Luís Romero obtiveron un accésit no concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís coa súa obra O RABAÑO
Parabéns para todo o grupo.
Preme na imaxe e lerás a noticia na Voz de Galicia

E así de ben o fixeron