domingo, 29 de abril de 2018

CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS E GUÍA DIDÁCTICA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de María Victoria Moreno entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario fixo un concurso entre os centros de Educación Infantil e Primaria.
Como xa sabedes, o noso centro foi o gañador deste ano.
Por fin podemos poñer á vosa disposición a colección de carteis. Esta exposición titulámola:
" VICTORIAMORENO, MESTRA CON ALMA", e fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra da autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.
Se premes na imaxe poderás ver os carteis:


Tamén podes descargar a GUÍA, un MARCAPÁXINAS  e unha REGRA

E premendo AQUÍ  poderas ver  máis recursos sobre a autora como os carteis de Secundaria, ou traballos e actividades realizadas por outros colexios.

luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Esta semana celebraremos o Día do Libro agasallándonos uns a outros con fermosas lectura no recreo e na hora de ler. Escollemos os nosos libros favoritos e compartímolos cos demais.

domingo, 22 de abril de 2018

Salón do Libro

Coma todos os anos , na última semana de Abril, estamos invitados a participar no Salón do Libro e a Lectura  no Pazo da Cultura.
Este ano leva por título MULLERES DE CONTO.
Iremos polas mañás a facer algunha actividade, e a visitar tanto a exposición de libros como a de traballos que enviaron todos os colexios.
Nós tamén enviamos uns traballos preciosos, o mellor foi o proceso de realizalos, pero agora queremos que tamén as familias gocen dos mesmos.
Polas tardes, a partir das 6 hai diferentes actividades para o alumnado que o desexe: maxia, contacontos, teatro... e tamén se pode visitar a exposición. Aquí tedes o programa, vémonos por alí.




venres, 23 de marzo de 2018

MES DE MARZO, MES DA MULLER

Ao longo de todo o mes de marzo todo o alumnado presentou a resto unha muller , a súa vida, obra, e non descubrimos, senón que confirmamos que a obra de moitas mulleres se silenciou ao longo da historia. Velaquí temos algunhas delas:

Emilia Pardo Bazán by Equipo Biblioteca on Scribd

ELIZABETH BLACKWELL by Equipo Biblioteca on Scribd

MARÍA PITA by Equipo Biblioteca on Scribd

sábado, 24 de febreiro de 2018

Recuncho de informática

Hai tempo que funciona o recuncho de informática. Non so cos ordenadores, senón tamén coas tablets. Moi pronto empezaremos tamén cun recuncho de xadrez. Anímate