domingo, 28 de outubro de 2018

PREPARANDO SAMAÍN

Para preparar o Samaín empezamos facendo unha exposición. Nela hai un traballo sobre A que lle temos medo? nos distintos países dos que vén o noso alumnado. E non hai tantas diferencias.





Hai novas adquisicións de libros relacionados co Samaín, que podes curiosear na exposición ou neste padlet. Despois do Samaín poderás levalos prestados.
Hecho con Padlet

mércores, 24 de outubro de 2018

24 de OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 E na Biblioteca gozamos con dúas obras de teatro lido, que nos ofreceu o alumnado de 4ºB e 5º nivel.
Foron moi divertidas. Aquí as tedes

O GALO KIRIKO from Equipo Biblio San Luís on Vimeo.

luns, 15 de outubro de 2018

Ribeiras do Anllóns

Para preparar as saídas ao Bosque do Añón, aquí temos o vídeo que xa elaboramos hai un par de anos. Axudaranos a distinguir a flora e a fauna que imos ver

Ribeiras do Anllóns from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

venres, 5 de outubro de 2018

ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN

Este curso temos o Proxecto que denominamos ZOQUEANDO POR CARBALLO. Imos coñecer e poñer en valor o patrimonio da nosa vila, visitándoo e investigando na biblioteca. Aquí comezamos co Bosque do Añón, importante patrimonio cultural, co que imos descubrir fauna e flora do noso Concello.

sábado, 15 de setembro de 2018

NOVO CURSO

Comeza o curso e con el un novo proxecto de Biblioteca.
Moitos plans, que nestes primeiros días imos  concretar para traballar ao longo do curso.
En Outubro comezaremos o empréstito.
Ata entón @s  alumn@s colaborador@s da Biblioteca estanse formando para atender a todo o alumnado, profesorado e familias  a partires do mes vindeiro.
Estes primeiros días de setembro poñemos a punto a Biblioteca, e despois teremos o seguinte horario:



Custom Glitter Text

mércores, 6 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN 2018

Gustáronnos tanto as novidades que temos ultimamente na biblioteca que vos suxerimos algunhas delas para ter unha lectura entretida e formativa durante este verán.

Guia de Lectura Verán by Equipo Biblioteca on Scribd

martes, 29 de maio de 2018

CÁMBIACHE O CONTO

E aquí están as nosas versións en clave de igualdade dos contos clásicos que fomos lendo e refacendo ao longo do curso. Nalgúns casos só cambia a imaxe dos personaxes, noutros cambian os finais, e nalgúns cambia todo o conto.