domingo, 18 de novembro de 2018

TERAPIA CON CANS

Damos as grazas á asociación Aloumiños, que trouxo á nosa biblioteca este novo amigo para nós.
Trátase do proxecto CADELAR, unha terapia con cans con alumnado con necesidades especiais.
Foi moi divertido, unha actividade chea de tenrura e novas experiencias.


CADELAR. TERAPIOA CON CANS NO CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

sábado, 17 de novembro de 2018

CARTA DE FIDALGO!!!!!

Á aula de 1º nivel chegou unha carta dende moi lonxe, dende Indonesia.
É de Fidalgo, e  antes de irse deixoulles unha caixa chea de libros.











martes, 13 de novembro de 2018

CONTACONTOS NA HORA DE LER

Continúa o alumnado de terceiro nivel contando historias e lendo contos na Hora de Ler. Estes días foron "Poucapalla" e "El erizo que no se quería pintar". Para este precisamos da aplicación realidade aumentada.









domingo, 11 de novembro de 2018

Parabéns aos Teatreiros

Na final do Consurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, que se acaba de celebrar, o noso grupo de Quinto Nivel, "Os Teatreiros" acadou o cuarto posto coa obra "O Galo Quirico". Parabéns para todo o grupo e a súa profesora Fina, que tan ben o fixeron.

sábado, 10 de novembro de 2018

PREMIOS ALOUMIÑOS

Parabéns ao alumnado que participou no concurso de debuxo de Aloumiños, que utilizarán para facer o seu calendario. Pero sobre todo, para Carla Añón Botana, Said Lagridi e Carla Giance García, que resultaron gañador@s no concurso e foron hoxe a recoller o seu premio ao Casino de Carballo.


Contacontos na Biblioteca

Levamos xa uns días que o alumnado de Terceiro Nivel conta contos ao alumnado de Segundo e Primeiro Nivel na Hora de Ler.
Algunhas das historias escollidas foron:
"Hai algo máis aburrido que unha princesa rosa?"
"Paco Papán" e
"Corre, corre , cabaciña"



FINALISTAS NO CONCURSO DE TEATRO LIDO

Un ano máis un grupo de teatro lido do noso colexio clasificouse no Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Mañá domingo os grupos finalistas veranse as caras no Pazo da Cultura na Gran Final. Parabéns por participar aos dous grupos, e por chegar á Final ao grupo de Quinto Nivel.