domingo, 20 de xaneiro de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezou o ano levando a biblioteca ás familias, por medio das mochilas viaxeiras.
Esta que vedes aquí é a que levaron en sexto, ten libros interesantes, música, unha película, e tamén unha libreta co zoco do noso amigo Fidalgo, onde contaredes o que queirades e como queirades cando a teñades na vosa casa.



domingo, 13 de xaneiro de 2019

PREPARANDO XA AS LETRAS GALEGAS

Comezamos o ano con ganas, e pareceunos boa idea ir coñecendo a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Buscamos información na rede e aquí comezamos este Symbaloo. Podes participar facéndonos chegar todas as ligazóns que atopes.

Custom Glitter Text

domingo, 16 de decembro de 2018

PREMIOS Á POSTAL E CARTEL DE NADAL DO CONCELLO DE CARBALLO

Pois aquí tamén participou todo o alumnado, e obtivo dous premios.
Parabéns a Nicool  de 5º, pola postal de Nadal, que empregará o Concello para felicitar estas festas, e tamén a Óscar Martínez Rojo, de 5 anos por un accésit.

Nicool


 Óscar

E se premes AQUÍ podes ver toda a reportaxe con máis fotos.
Parabéns aos premiados, pero tamén a todo o alumnado que participou.
Hai que ver que chulas nos quedaron todas na entrada