mércores, 20 de febreiro de 2019

PREMIO !!!

Estamos de Noraboa. 
Acaban de comunicarnos que recibiremos o Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña na categoría de Educación Primaria. 
O proxecto presentado titúlase "Revelando a Igualdade"
Premendo nesta imaxe podedes ver a convocatoria. 
E premendo na seguinte podedes ver a resolución.



Toda a Comunidade Educativa dá as grazas e síntese orgullosa de pertencer á mesma.

A prensa tamén se fixo eco da nova.




sábado, 2 de febreiro de 2019

xoves, 24 de xaneiro de 2019

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Empezamos coñecendo a historia de Sadako e as mil grúas e cun obradoiro nos recreos para facelas en papiroflexia E para empezar a fabricalas..... Esperámosvos nos recreos aos de 4º, 5º e 6º en grupos de 8







domingo, 20 de xaneiro de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezou o ano levando a biblioteca ás familias, por medio das mochilas viaxeiras.
Esta que vedes aquí é a que levaron en sexto, ten libros interesantes, música, unha película, e tamén unha libreta co zoco do noso amigo Fidalgo, onde contaredes o que queirades e como queirades cando a teñades na vosa casa.



domingo, 13 de xaneiro de 2019

PREPARANDO XA AS LETRAS GALEGAS

Comezamos o ano con ganas, e pareceunos boa idea ir coñecendo a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Buscamos información na rede e aquí comezamos este Symbaloo. Podes participar facéndonos chegar todas as ligazóns que atopes.

Custom Glitter Text